Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

... ma patrie, mon Finistère. Fragmentos da correspondencia Camus - Casares

Comisarios Ton Mejuto, Silvia Longueira

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/06/2022 ata o 09/10/2022

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

Con motivo da celebración do centenario do nacemento de María Casares (A Coruña, 1922 - Alloue, Francia, 1996), a Fundación Luís Seoane presenta un proxecto audiovisual baseado na correspondencia que durante quince anos mantivo a actriz galega con Albert Camus. A relación que se establece entre ambos, que comeza en 1944 e finaliza en 1960 coa morte do autor nun accidente de tráfico, queda recollida nas case novecentas cartas que conforman o epistolario recompilado por Catherine Camus, filla do escritor francés e responsable da súa publicación en 2017 a través da editorial Gallimard.

"... ma patrie, mon Finistère. Fragmentos dá correspondencia Camus - Casares" concibiuse como unha experiencia audiovisual inmersiva na que o formato epistolar se traduciu a imaxes tomadas nalgúns dos lugares nos que María Casares viviu, sobre as que se superpoñen as voces dos actores Johanna Silberstein e Philippe Canles, que len en orde cronolóxica as cartas conforme a catro categorías establecidas polos comisarios do proxecto, Ton Mejuto e Silvia Longueira: patria, exilio, teatro e escritura e desexo.

Estas imaxes proxéctanse nunha sala sobre dúas pantallas situadas en paredes enfrontadas, nas que se mostran escenarios de Alloue, onde se atopa casa museo de María Casares, ou Camaret, no Finistère francés, que tanto lle lembraba á intérprete á súa Galicia natal. A peza exhíbese en bucle e ten unha duración aproximada de 45 minutos.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión