Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

MALÚ Xira "Mil batallas"

Mil Batallas Tour 2022 comezará na primavera do ano que vén da man de Proactiv Entertainment e percorrerá os mellores escenarios do noso país.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/09/2022

Xa rematou

Horario:

22:00 h

Apertura de portas: 20:30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Organiza:

Entidade: Proactiv, SL

  • Entrada nominal, persoal e intransferible. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
  • A persoa titular da entrada debe indicar o seu nome, apelidos e DNI, tal e como figuran no seu Documento Nacional de Identidade (DNI).
  • A persoa titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada no acceso ao recinto.

Malú, unha das artistas femininas máis importantes do noso país, regresa aos escenarios e faino da mellor maneira que sabe, que é cantando. "Mil batallas" é o seu novo disco, un traballo que mostra unha Malú irresistible e brillante que rexorde con máis forza que nunca tras unha parada no camiño.

Sen dúbida, é unha gran noticia que a partir da próxima primavera contemos con Mil batallas Tour 2022, unha xira que todos estabamos a esperar e que nos permitirá gozar do directo desta grande artista que, coa forza da súa voz, a súa espectacular posta en escena e unha gran produción interpretará, entre outros, os temas deste novo disco, sen dúbida o seu disco máis persoal.

- Prezos:

  • Pack Hot Ticket: 80,00 €
  • Pack Early entry: 100,00 €
  • Front of Stage (zona acoutada a pé de escenario con acceso diferenciado): 60,00 €
  • Pista (de pé): 35,00 €
  • Tendido Baixo (sentado numerado): 40,00 €
  • Tendido Medio (sentado numerado): 32,00 €
  • Tendido Alto (sentado numerado): 25,00 €

- Pack Hot Ticket (localidades de Tendido baixo) inclúe:

· Asento numerado na zona de Tendido baixo

· Acceso diferenciado ao recinto

· Agasallo dunha bolsa de tea con deseño exclusivo + póster do concerto edición limitada

· Acreditación conmemorativa do show · Persoal e atención individualizada

- Pack Early Entry (localidades de Front of Stage) inclúe:

· Entrada de pé no Front Stage

· Acceso ás 20:00 h (media hora antes de apertura de portas)

· Agasallo dunha bolsa de tea con deseño exclusivo + póster do concerto edición limitada

· Acreditación conmemorativa do show

. Equipo e atención individualizada

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente día de concerto desde as 17.00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión