Visita o álbum de fotos desta actividade
"Non, aí non" é o título desta sesión na que interveñen Lilí e Fuco e que rescata contos e libros que servirán para facer fincapé en protexer a infancia dos abusos sexuais.
De 3 a 7 anos
Contacontos
Infantil, Familias
22/03/2021
Este evento xa rematou
De 18 a 19 horas
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
981184384
Os contos que se utilizarán son:
A actividade corre a cargo da compañía Trinke Trinke Teatro e desenvolverase a porta pechada nas bibliotecas por mor das esixencias sanitarias, pero nós podemos desfrutar estas sesións cheas de contos e melodías a través do "streaming".
As sesións serán emitidas en directo na web e tamén na canle de youtube das bibliotecas e nelas haberá pistas para que consigas o carné de Rato de Lonxedetodo.
Se queres que os ratiños e as ratiñas te chamen por teléfono en directo, deixa o teu teléfono e nome na túa biblioteca!
Achégate aos libros e á música dunha maneira atractiva e lúdica e déixate contaxiar dos mellores costumes: a lectura en familia!
Actividades relacionadas
19/04/2021
22/04/2021
22/04/2021
23/04/2021
24/04/2021
24/04/2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible