Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

MIKE STERN BAND featuring Dennis Chambers-Bob Franceschini-Leni Stern-Chris Minh Doky

+Q JAZZ

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/07/2022

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

20,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

MIKE STERN (Guitar)Stern, nacido o 10 de xaneiro de 1953, é un guitarrista de jazz estadounidense. Despois de tocar con Blood, Sweat & Tears, traballou co baterista Billy Cobham, e despois co trompetista Miles Davis de 1981 a 1983 e de novo en 1985. A partir de aí comezou unha carreira en solitario e publicou máis dunha ducia de álbums.

Stern foi nomeado mellor guitarrista de jazz de 1993 pola revista Guitar Player. No Festival Internacional de Jazz de Montreal, en xuño de 2007, recibiu o premio Miles Davis, creado para recoñecer a artistas de jazz recoñecidos internacionalmente cuxo traballo contribuíu de xeito importante á renovación do xénero. Stern figura na lista de Down Beat dos 75 mellores guitarristas de jazz de todos os tempos.

Recibiu o premio Certified Legend da revista Guitar Player o 21 de xaneiro de 2012.

Stern creceu en Washington DC, e asistiu ao Berklee College of Music de Boston. Cando tiña vinte e dous anos, fíxose membro de Blood, Sweat & Tears e pasou tres anos coa banda.

Dennis Chambers (Drums) Chambers (1959) comenzou a tocar batería aos catro anos de idade, é un dos bateristas máis recoñecidos do panorama internacional e domina practicamente todos os estilos. En 1986 el xuntouse coa banda de John Scofield e desde entón tocou coa maioría das principais figuras da música jazz fusion do mundo.

Gravou e tocou con Tom Coster, John Scofield, George Duke, Victor Wooten, Brecker Brothers, Santana, Parliament/Funkadelic, John McLaughlin, Niacin, Mike Stern, CAB, Greg Howe e moitos outros. Con Carlos Santana fixo numerosas xiras por todo o planeta.

En decembro de 2004, Chambers foi premiado cun Doutorado Honoris Causa da Música da Berklee College of Music.

Bob Fraceschini (saxo). O saxofonista B. Franceschini traballou, entre outros, con George Benson, Eddie Palmieri, Woody Shaw, Chaka Khan, Paul Simon etc.

Nos últimos anos colabora regularmente con Mike Stern e Yellowjackets.

Leni Stern (guitarra). L. Stern, foi nomeada en 2017 polo mensual Guitarrista unha das guitarristas máis sensacionais de todos os tempos. De orixe alemá, estudou con Bill Frisell e ama a música africana. Desde 1980 está casada con Mike Stern e a súa longa relación é unha inspiración continua para ambos.

Chris Minh Doky (baixo). Criado en Dinamarca, o baixista mudouse logo a Nova York, onde rapidamente se fixo popular entre Mike Stern, John Scofield, Michael Brecker e Sakamoto. A súa carreira oscila entre o jazz contemporáneo e a música clásica.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón unicamente os días do espectáculo desde dúas horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 h ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión