Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Miró. Unha colección

A Fundación Barrié presenta a exposición "Miró. Unha colección", con 47 obras de Joan Miró (Barcelona, 1893 – Palma de Mallorca, 1983), un referente ineludible na historia da pintura europea e un dos artistas máis influentes do século XX. Pintor, escultor, ceramista e gravador, foi un dos máximos expoñentes do Surrealismo e un dos artistas españois con maior proxección internacional, cuxa obra chegou a exercer grande influencia tanto sobre os seus contemporáneos como sobre as xeracións posteriores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/01/2021 ata o 16/05/2021

Xa rematou

Horario:

Horario: de luns a domingo (festivos incluídos):

De 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h

Enderezo:

Fundación Barrié. Rúa Cantón Grande 9.

Prezo:

gratuíta

Páxina web:

www.fundacionbarrie.org

Con esta exposición a Fundación Barrié retoma a súa liña de exposicións temporais de pintura de interese histórico que pretende achegar a Galicia o mellor da arte nacional e internacional. Neste marco presentáronse mostras de grandes artistas como Pablo Ruiz Picasso, O Greco ou Joaquín Sorolla, entre outros.

40 das obras proceden da Colección que a Fundación Mapfre mostra no seu «Espacio Miró» en Madrid, cedidas por diferentes propietarios como depósito temporal. A selección destas obras está composta por 35 pinturas ao óleo sobre diferentes soportes, 2 debuxos e 2 acuarelas con tinta chinesa. Aínda que na súa maioría se trata de pezas das últimas décadas, poderemos atopar pinturas de diferentes períodos e con distintos motivos: constelacións, mulleres, paxaros, estrelas e outro tipo de personaxes.

Desta maneira pódese ver como Miró retoma continuamente os mesmos temas, reinventándoos e dándolles unha nova vitalidade. Quizais o que máis caracteriza esta colección é que, aínda que por unha banda presenta as últimas décadas na traxectoria artística de Miró -un período máis descoñecido e que só recentemente comezou a recibir a atención e o entusiasmo da crítica-, por outro, expón case todos os temas que lle interesaron ao artista desde os seus inicios. Moitas veces trátase dunha especie de reencontro con eles, o que permite outorgarlles un sentido máis pleno.

As outras 7 obras que se mostran, procedentes de coleccións públicas e privadas, únense a esta exposición co fin de contextualizar o seu proceso creativo e aproximar a figura e obra de Miró ao público dunha forma máis didáctica. Para iso crearase un espazo que acollerá a escultura de bronce "Tête de femme", de 1974. A obra final estará acompañada por todas as pezas que a preceden, como os debuxos preparatorios, o modelo en arxila pintada, primeiro, e os modelos en xeso, despois. Desta forma a/o visitante ten a ocasión de acompañar o artista ao longo do seu proceso creativo, desde o seu pensamento plasmado en debuxos con poucos trazos ata a obra culminada.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión