Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Nicaragua. Patria libre para vivir

Unha película documental de Daniel Rodríguez Moya.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/05/2021

Xa rematou

Horario:

18:00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

con invitación

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Organiza:

Amnistia Internacional

Agosto de 2018. Pasaron catro meses desde que en Nicaragua unha insurrección popular sen precedentes desde 1979 puxese en xaque ao goberno deDaniel Ortega e Rosario Murillo, convertido nunha ditadura de facto. Os mortos cóntanse por centenares, así como os desaparecidos e os presos políticos. As forzas policiais e, especialmente, paramilitares desencadearon unha cacería casa por casa para encarcerar aos principais líderes das revoltas, entre os que se atopan campesiños, xornalistas, medioambientalistasy antigos guerrilleiros sandinistas. Neste contexto de terror, un xornalista español e doutor universitario especializado na Revolución Sandinista infíltrase na resistencia ao régimende Ortega para coñecer de primeira man a natureza dunhas protestas que van máis aló dunha revolta máis. Cun estilo directo e cunha narrativa que vai en grao sumo puramente literario ao estritamente xornalístico, na película lógranse valiosísimos testemuños de protagonistas que pouco despois tiveron que saír ao exilio ou foron encarcerados polo réxime de Ortega. Desde o papel da Igrexa católica, as feministas, o colectivo LGTB, o carácter esotérico do réxime orteguista, o rol das clases máis humildes como o campesinado, o protagonismo dos estudantes, aos que se acusaba meses antes de carecer de inquietudes sociais e políticas ou a construción de novos liderados vanse debullando ao longo da película, sempre coa ameaza permanente de ser interceptados polas forzas represivas do réxime. Testemuños que configuran todas as caras dunha insurrección popular que apostou pola vía pacífica e que transformou a vella consigna da revolución sandinista "Patria libre ou morrer" na esperanzadora"Patria libre para vivir".

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión