Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Nina Ninette da compañía Determinada Compañía

Espectáculo de danza contemporánea que se inspira na estética do Ballet Triádico de Oskar Schelemmer- Bauhaus.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/11/2022

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €

Abono familiar (3 entradas para a mesma función: 15,00 €) * O abono familiar só se pode adquirir no despacho de billetes da praza de Ourense e no despacho de billetes do Fórum Metropolitano o día da función (se quedan entradas dispoñibles)

Menores de 3 anos 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

forum@coruna.es

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos.

Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso!

Pero Nina sente a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestíon é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi fácil entrar pero moi complicado saír. Conseguirao?.

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer -Bauhaus- do 1921 celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

Duración: 45 min

Idioma: sen palabras

Intérpretes: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas e Carlota Mosquera

Autoría e dirección: María Torres

Venda de entradas

  • Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum: días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)
  • Venda en liña: ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión