Adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak.
Para público en xeral
22/05/2022
Xa rematou
12:30 e 18:00 h
50 min
Sala Gurugú
Reservas en :salagurugu@gmail.com o wap 616701099
Max é un neno que ten un día rebelde. É castigado a irse á súa habitación e de súpeto ve como as paredes desaparecen e o seu cuarto pasa a converterse no mundo enteiro. Max atopa un barco co seu nome, que aparece ancorado nunha praia, e navega nel ata o lugar onde viven os monstros. Como el é o máis terrible de todos eles, os monstros noméano o seu rei.
Max ordena que comece a "Festa Monstro", pero máis tarde dáse conta de que quere regresar á súa casa. Os monstros queren impedilo, xa que están encantados con el, pero Max está decidido.
O neno abandona o lugar onde viven os monstros e regresa á súa habitación, quítase a carapucha de monstro, e a rabia e o enfado quedan atrás.
Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento.
Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.
A obra está dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos e vai acompañada de pequenos contos monstruosos: "O monstro de cores", de Anna Llenas, e "Monstros na comida", de Carmen Domech.
25/09/2022
09/10/2022
Os días 13/10/2022, 14/10/2022, 15/10/2022, 16/10/2022
06/11/2022
20/11/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible