Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Paseo con aires ártabros

Con motivo de festexar o Día das Letras Galegas 2022, a Banda Municipal da Coruña realizará un concerto centrado en músicos coruñeses ou obras directamente relacionadas coa cidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/05/2022

Xa rematou

Horario:

20.00 h 

Se pide puntualidad

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Libre hasta completar la capacidad

Requisitos:

* Uso recomendado de mascarilla durante todo el concierto. 

* Mantener la distancia de seguridad

Trátase dun concerto de recuperación histórica artellado a modo de paseo pola cidade, dende o século XIX ate o XX. Unha inmersión na historia e os seus protagonistas; músicos máis ou menos recordados e obras para banda que nos somerxerán na atmosfera da Coruña de hai máis de cen anos.

Programa

1. Pascual Veiga (1842-1906), Os Ártabros (1889)

2. Ricardo Courtier (1865-1922), Noitébregos (1914)

3. Ricardo Courtier (1865-1922), Rosicler (1903)

4. José Castro "Chané" (1856-1917), Gaiteiriño pasa (1906)

5. Ricardo Courtier (1865-1922), Mimi Monchiña (ca. )

6. Anónima, ¡1589! A os coruñeses... (1890)

7. Pascual Veiga (1842-1906), Himno Galego (1890)

O concerto Sentindo a brisa do Atlántico, realizaremos un percorrido pola música e os ambientes musicais da cidade no cambio do século XIX ao XX. En primeiro lugar, redescubriremos figuras senlleiras para a historia da música da cidade como son Pascual Veiga ou mesmo "Chané".

Os Ártabros e Gaiteiriño pasa, son dúas obras apenas coñecidas do repertorio destes dous músicos que, aínda que non naceran na cidade, foron acubillados e sentidos como propios. Tras eles, chega o momento de (re)presentar en sociedade a un músico coruñés que deu en desenvolver a música galega con base na tradición: Ricardo Courtier. Posuidor dunha herdanza de varias xeracións de músicos de primeiro orde, Courtier reúne as características dun músico de formación clásica e sólida que mira cara o futuro apostando pola evolución da música galega. Estes músicos guiarannos a través dos ambientes sonoros da cidade: o salón, os orfeóns, o teatro, as bandas de música ou mesmo os certames.

Neste punto detémonos na obra ¡1589! A os coruñeses..., que acadaría un accésit no concurso de 1890, precisamente do que sairá o noso enxebre Himno Galego.

Recorda que pode seguir os concertos a través da canle da BMMC: Banda Municipal de Música A Coruña A Coruña - YouTube

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión