Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Poetas di(n) versos: Gonzalo Navaza e Vera Pavlova

Dobremente premiado, Poetas di(n) versos remata o seu 13º ciclo con voces de Rusia, Ecuador e Galicia.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

23/05/2022

Ya ha finalizado

Horario:

20.00 h (Pídese puntualidade)

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde, ata completar capacidade 

Organiza:

Yolanda Castaño 

Nas últimas semanas, o ciclo de poesía do Concello da Coruña vén de colleitar galardóns que recoñecen a constancia e bo facer cos que cada mes segue a reunir o mellor da poesía galega e do resto do mundo. O primeiro foi o Premio Rodolfo Prada en xestión cultural e o segundo o Premio Follas Novas á Mellor Iniciativa Cultural de Galicia, outorgado polas librarías, as editoriais e os escritores e escritoras galegas. Trece anos de encontros mensuais cos protagonistas das máis vibrantes poéticas do mundo valorados por achegarlle ao público candidatos ao Nobel, premios Cervantes das Letras e á vez as máis fulgurantes voces locais ou emerxentes.

Ininterrompido dende cada outubro a cada xuño dende 2009, a décimo terceira edición de POETAS DI(N)VERSOS chega ao seu fin coas sesións do vindeiro 23 de maio e do 6 xuño. Dúas citas abertas e gratuítas para todo o público interesado en se asomar a versos de acento ecuatoriano, ruso e galego. Serán coma sempre no auditorio do Centro Ágora en horario das 20h do serán.

Este próximo luns 23 será a quenda para a poeta rusa residente no Canadá Vera Pavlova e o vigués Gonzalo Navaza. A música e musicóloga moscovita é autora de vinte e tres poemarios, cinco librettos de ópera e as letras de tres cantatas. É unha das máis sorprendentes e consagradas voces en ruso, e foi controvertida a aparición desta poética tan libre, desprexuizada e de fasquía espontánea. Pola súa banda, o poeta, narrador e tradutor Gonzalo Navaza é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, e un recoñecido filólogo especialista en onomástica que en 2021 foi desginado académico de número da Real Academia Galega. Dúas veces Premio da Crítica Española por dous dos seus cinco poemarios, conta tamén co Eusebio Lorenzo Baleirón, o Martín Códax, o Losada Diéguez ou o Premio Irmandade do Libro.

Só dúas semanas máis tarde, poñerán a guinda a poeta ecuatoriana Aleyda Quevedo e a ferrolá Verónica Martínez Delgado. Poetas que sitúan o corpo na primeira fila das súas poéticas, dándolle voz a través dunha perspectiva de xénero, compartirán as táboas do escenario o luns 6 de xuño. Unha libraría de proximidade poñerá á venda os libros de cada unha das plumas convidadas ao dispor dos lectores e lectoras interesadas nunha sinatura, editaranse folletos cos seus perfís e obras e emitirase por streaming a lectura pública.

Dunha hora aproximada de duración, os recitais estarán conducidos pola fundadora e directora do ciclo, a tamén poeta e xestora cultural compostelano-coruñesa Yolanda Castaño. POETAS DI(N)VERSOS segue a ser o único ciclo estable que presenta poetas internacionais de maneira periódica e regular en toda España.

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión