Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
Persoas adultas
14/06/2021
Xa rematou
20.00 horas
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
A décimo segunda edición de POETAS DI(N)VERSOS toca o seu fin este vindeiro luns 14. O ciclo de poesía do Concello da Coruña -fundado e dirixido pola tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño- encara a novena cita mensual dende o pasado outubro xusto antes da habitual pausa estival que leva coñecendo dende 2009.
Poñerán o ramo a esta edición caracterizada polas flutuacións na capacidade permitida, pero tamén pola incorporación das emisións en liña, dúas das voces máis consagradas da poesía en galego e portugués: Xavier Rguez. Baixeras e Maria do Rosário Pedreira. El é unha das voces máis salientables da coñecida como "Xeración dos 80", e conta no seu haber con premios tan importantes como o da Crítica de Galicia, o da Crítica Española en dúas ocasións, o González Garcés, o Caixanova, o Losada Diéguez ou a Homenaxe o Escritor na súa Terra da AELG tras quince poemarios para alén de ensaios, edicións críticas e multitude de traducións literarias. Hoxe xubilado do ensino medio, a carreira literaria de Baixeras (1945) cumpre neste 2021 corenta anos.
Canto a Maria do Rosário Pedreira (1959), iniciouse nas letras da man da literatura xuvenil, con dúas coleccións adaptadas á televisión que venderon preto dun millón de exemplares. É tamén autora dunha novela, contos, unha biografía de Amália Rodrigues, letras de fados e cancións, pero a súa sona é máis como poeta (Premio da Fundação Inés de Castro) e como unha das máis recoñecidas editoras de literatura portuguesa.
Ambos poetas recitarán os seus textos en lingua orixinal a partir das 20.00 h no Auditorio do Centro Ágora, nun acto de arredor dunha hora de duración, totalmente aberto e gratuíto (90 prazas) e que tamén se emitirá por streaming a través da web do Servizo patrocinador: o das Bibliotecas Municipais da Coruña. Unha libraría de proximidade achegará ao público interesado os títulos dos convidados no caso do interese en solicitar as súas sinaturas.
22/04/2024
23/04/2024, de 19:00 a 20:30
Entrada libre ata completar a capacidade.
Os días 30/11/2023 ás 18:30 , 25/01/2024 ás 18:30 , 14/03/2024 ás 18:30 , 25/04/2024 ás 18:30
Os días 10/04/2024 ás 10:30 , 15/04/2024 ás 19:30 , 18/04/2024 ás 18:30 , 23/04/2024 ás 19:30 , 25/04/2024 ás 19:30 , 26/04/2024 ás 11:00
29/04/2024
02/05/2024
Acceso libre até completar a capacidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible