Dirección Cecilia Marchetto Santorun
Para público en xeral
Dende o 06/10/2022 ata o 07/10/2022
Xa rematou
De martes a domingo
11.00 h - 15.00 h 17.00 h- 21.00 h
Pechado os luns e os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro
Fundación Luís Seoane
info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
William Blake é unha icona do Romanticismo anglófono que influíu en referentes da poesía en inglés como W. B. Yeats e Allen Ginsberg, pero tamén cruzou fronteiras, atraendo a poetas do mundo hispano como Juan Ramón Jiménez ou Luís Cernuda, ademais de moitos outros artistas europeos, converténdoo nun referente obrigado de calquera artista interesado na visión imaxinativa, a rebeldía poética e a integración da palabra e a imaxe.
Nunca antes se falou de que Blake puidese ter influencia na nosa cultura ou literatura galegas por medio do rito do paso poético que é ler a Blake, pero se investigamos nas cartas e na obra de Luís Seoane -o mellor análogo posible de Blake en Galicia, por gravador e poeta-, nos ensaios de Plácido Castro ou nas traducións de Cunqueiro, é posible ver que Blake formou parte do esforzo dos artistas galegos por universalizar Galicia e a lingua galega.
Todos eles indican que a inspiración en Blake pode ser de relevancia para entender certos aspectos da conformación da literatura galega durante unha etapa da súa historia e a interacción dos artistas galegos con outras.
Este curso está aberto a estudantes de grao, máster ou doutoramento, investigadores e profesores de calquera ámbito e nivel, así como a artistas, creadores, axentes do ámbito cultural, museístico e de patrimonio e ao público xeral que poida estar interesado neste tema.
Cecilia Marchetto Santorun - Directora
+ info: Folleto.pdf
Dende o 12/01/2023 ata o 12/02/2023
Dende o 20/01/2023 ata o 12/03/2023
Dende o 18/01/2023 ata o 09/04/2023
O vindeiro mércores 18 de xaneiro, ás 20.00 horas, a Fundación Luís Seoane acollerá a inauguración de Manancial de sombras, a nova exposición de Xulio García Rivas, un proxecto comisariado por Sara Donoso que amosa a produción máis recente do artista pontevedrés. A entrada ao acto é libre.
Dende o 03/12/2022 ata o 30/04/2023
Dende o 05/09/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible