Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación de: "Acoso e demolición do sistema público de ensino"

O luns 31 de xaneiro, ás 19.30 h, preséntase no local da asociación o libro de Xosé Ramón Branco Buxán, "Acoso e demolición do sistema público de ensino. Covid-19: causa ou escusa?"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

31/01/2022

Xa rematou

Horario:

Luns a xoves de 19.30 a 21.00 horas (excepto durante os meses de verán, que permanecerá pechado)

Enderezo:

Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa Olmos 16-18, 1º. 15002

Prezo:

Para asistir é necesario inscribirse aquí

Organiza:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Contacto:

A. C. Alexandre Bóveda

Rúa Olmos, 16, 1º

15003 A Coruña

Teléfono: 981 200 869

Este ensaio identifica no sistema educativo unha serie de subxectividades e de arquitecturas organizativas que forman parte da cultura neoliberal hexemónica en Occidente. Os procesos de privatización e individualización que se fundamentan na estigmatización, segregación e degradación do ensino público, representan un perigo e un desafío para o cumprimento dos obxectivos ideais do ben público, gratuíto e de acceso universal.

Xosé Ramón Branco Buxán (Asados, Rianxo, 1944) é doutor en Filosofía e Ciencias da Educación. USC (1995). Enxeñeiro técnico en Industrias Agrícolas. E.I.T.A. (Madrid, 1970). Máster Universitario en Migracións Internacionais. UDC (2011). Mestre viticultor e adegueiro. Escola da Vide (Madrid, 1968). O seu labor profesional desenvolveuse na esfera privada en empresas multinacionais da química e do petróleo. Responsable dos servizos agronómicos e da selección, formación e xestión de equipos.

No acto participará, ademais do autor, o exreitor da UDC Xosé Luís Armesto.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión