Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do documental “María Miramontes, tecedora dun país”

O mércores 25 de maio ás 19.30 h, preséntase o documental María Miramontes, tecedora dun país, con guión de Ana Viqueira, Iago Prada e Diego Frey.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/05/2022

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa Olmos 16-18, 1º. 15002

Prezo:

Para asistir á proxección debe inscribirse aquí

Organiza:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Contacto:

A. C. Alexandre Bóveda

Rúa Olmos, 16, 1.º

15003 A Coruña

Teléfono: 981 200 869

Luns a xoves de 19.30 a 21.00 horas (excepto durante os meses de verán, que permanecerá pechado)

A vida de María Miramontes estivo próxima a quedar no esquecemento. A súa falta de visibilización ten dous motivos: ser muller e vítima da represión franquista. Filla de xornaleios, comeza a traballar como costureira con só 11 anos na cidade da Coruña. Militará nas Irmandades da Fala e formará parte da súa xunta directiva. Nese ambiente activista coñecerá a Ánxel Casal, o seu marido e compañeiro de loitas, co que decidirá instalarse en Santiago de Compostela unha vez que se proclame a República. Modista reputada na sociedade santiaguesa, o seu traballo foi fundamental para o sostemento económico das diversas iniciativas editoriais e culturais do galeguismo: as Irmandades da Fala, as editoriais Lar e Nós e as Escolas do Insiño Galego. Xunto a outras militantes galeguistas, María participa activamente na creación do Partido Galeguista e da campaña a favor do Estatuto de Galiza. Despois do golpe de estado e a detención e asasinato do seu marido, Ánxel Casal, María Miramontes vese obrigada a irse ao exilio. Será en Buenos Aires onde falecerá o 17 de setembro de 1964.

Trátase dun documentario de NósTV que foi posíble grazas ao apoio do Concello de Bergondo, Concello de Santiago, Concello de Arzúa e a Deputación da Coruña.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión