Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Presentación do documental Santoalla

prazas esgotadas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/02/2023

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa San Andrés 36, 1º. 15003

Páxina web:

https://www.acalexandreboveda.gal/

Organiza:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Contacto:

Tel.: 981 200 869

O mércores 8 de febreiro, ás 19.30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa San Andrés, núm. 36, 1.°) proxectaremos -en colaboración con Valdeorras Infinita- o documental Santoalla.

Dirixido polos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer -e producido pola valdeorresa Cristina de la Torre-, o filme xira arredor da desaparición e do asasinato do neerlandés Martin Verfondern na aldea de Santoalla (Petín) en xaneiro de 2010.

No documental aparece a vida de Martin e a súa muller Margo Pool durante as décadas de 1990, 2000 e 2010. O filme vai entrelazando montaxes de vídeo de arquivo, entrevistas á propia Margo Pool, metraxe de telexornais e outros informativos. Unha mestura de pasado e presente que mostra a progresiva deterioración da relación entre a veciñanza que culmina nun tráxico final.

O documental -que recibiu numerosos premios- estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Edimburgo o 17 de xuño de 2016.

Á proxección seguirá un coloquio coa súa produtora, Cristina de la Torre.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión