A Biblioteca Os Rosales acolle a presentación da nova novela dun veciño do barrio, moi usuario do servizo.
Para público en xeral
16/10/2026
Xa rematou
Acceso libre até completar a capacidade
Das 18.30 ás 19.30 h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
O venres 16 de outubro ás 18.30 h temos, na Biblioteca Municipal Os Rosales, a presentación do libro No llegará sola, de Jorge Esperón.
Acceso libre até completar a capacidade.
SINOPSE:
Álex Rodríguez está ás portas dun descubrimento capaz de cambialo todo. Neurocientífico brillante, dedicou a súa vida a demostrarlle ao seu pai que é suficiente. Pero cando unha enfermidade terminal ameaza con arrebatarllo, a ciencia deixa de ser só unha vocación: convértese nunha obsesión. Memoria, conciencia, ética, familia e medo crúzanse nunha investigación onde cada avance ten un prezo.
"No llegará sola" é ciencia ficción especulativa, thriller e drama familiar...
Jorge Esperón é autor de "El síndrome Vidar" (2016). En 2023 coordinou o grupo de escritura Escritoras Impostoras da Biblioteca Os Rosales, onde acompañou a outras autoras no desenvolvemento da súa voz creativa.
Mantén un espazo en Medium e é creador do pódcast "El club suficiente", un lugar de encontro que propón ir máis amodo e cuestionar a lóxica da produtividade, desde a honestidade e a idea de que o suficiente pode bastar.
A súa formación en física nuclear e máis de dezaoito anos de experiencia en ciberseguridade alimentan unha mirada que conecta ciencia, filosofía e emocións humanas.
Esperámosvos!
Tamén che pode interesar

19/11/2026

23/11/2026
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible