Pilar Alvarellos e Brenda F. Alvarellos presentan na Biblioteca Ágora "Pasaba por aquí"!
Para público en xeral
21/06/2024
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade.
19.00 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
Pilar Alvarellos e Brenda F. Alvarellos presentan na Biblioteca Ágora a novela "Pasaba por aquí", publicada recentemente en Ediciones Passer. O evento terá lugar o venres 21 de xuño na aula 2 da biblioteca, en horario das 19.00 ás 20.30 h.
Sinopse da obra (Ediciones Passer)
Os problemas perseguen a Tom, a súa nai e el teñen que mudarse, pero o camiño a Talos non augura nada bo, atopa unha néboa que lles cala os ósos e unha sensación estraña apodérase deles.
Tras un paseo que pon a pel de galiña, a espesura instálase na súa mente e Tom comeza un blog no que escribe sobre cousas intanxibles. No proceso verá que hai moito máis do que se ve a simple vista, pero hai cousas que é mellor non coñecer...
Sobre Pilar Alvarellos
Desde pequena a lectura é a súa afección favorita e a escritura un hábito. Fascínana as historias de aparicións e bruxas que lle contaban os seus avós. Por iso os seus escritos se dirixen cara ao terror. Publicou en revistas dixitais como Monociclo, Anuket, Axolotl, Dunkelheilt, Submarino de hojalata. Antoloxías tales como Underwriterz, Rigor Mortis, II Concurso de Microrrelatos Gadis, Mitos y Leyendas de Crónicas en Llamas, Microterrores, 39 cuentos del mundo, Pongamos que hablo de Madrid e Cartas para ti.
Gañou o VII certame literario de microrrelatos Melgar, o concurso de relatos curtos "Vence el encierro 2021" Día de muertos de México e "40 vías de escape" de Chile.
Publicou dous libros de relatos de terror "Momentos casi perfectos para morir" e "El reloj marca la hora eterna", e as novelas "Fracturas" e "Pasaba por aquí".
Sobre Brenda F. Alvarellos
Desde que ten uso de razón a lectura e a escritura son as súas dúas grandes paixóns. Aínda que desfruta todo tipo de lecturas, ten predilección polo misterio e o terror.
O seu primeiro relato publicado é "Bomma", como colaboradora na Revista Literaria Pluma y Papel.
Tanto a súa tenacidade como lectura, como o seu afán por escribir e a motivación das historias creadas pola súa nai, lanzárona con tan só 21 anos a querer plasmar as súas historias e compartilas co mundo.
"Pasaba por aquí" é a súa primeira incursión na novela, da súa nai Pilar Avarellos. Unha historia a dúas mans na que parecen unha soa persoa.
Tamén che pode interesar

09/12/2025 ás 19:00
Dende o 01/12/2025 ata o 09/12/2025
Entrada libre ata completar o aforamento da sala

09/12/2025

09/12/2025
Dende o 02/12/2025 ata o 09/12/2025
Require inscrición.

10/12/2025
Dende o 03/12/2025 ata o 10/12/2025
Require inscrición.

10/12/2025

11/12/2025
Dende o 04/12/2025 ata o 11/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible