Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Programa de Lecer outono 2021

Programa de actividades socioculturais (teatro, historia, cinema, cociña, literatura, arte..) para gozar do tempo libre para persoas con inquietudes culturais e ganas de compartir o seu tempo libre, participando en actividades que fomenten o desenvolvemento das súas destrezas culturais e artísticas, o coñecemento da historia, a arte, a cultura e a cidade.

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de 16 anos. Terán prioridade as persoas solicitantes que estean empadroadas no municipio da Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/10/2021 ata o 23/12/2021

Preinscrición: do 8 ao 11 de setembro de 2021.

Publicación das listaxes de preinscrición: 13 de setembro ás 9.00 h, na páxina web municipal (https://www.coruna.gal), nesta páxina e no servizo telefónico 010.

Prazo de reclamacións sobre as listaxes de preinscrición: os días 13 e 14 de setembro, a través do correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou do telefóno 623 162 876.

Inscricións:

Dende o 08/09/2021 ata o 11/09/2021

• Sorteo público: mércores 15 de setembro ás 10.00 h, nas conserxarías de cada centro.

- NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO DO FORUM: 5

- NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO DO ÁGORA: 55

  • Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listas de agarda: xoves 16 de setembro ás 9.00 h.

Pagamento da cota: do 16 a 18 de setembro .

Adxudicación de prazas ás listas de agarda: nunha primeira volta: o día 20 de setembro; e a segunda volta: o día 23 de setembro.

Pagamento das prazas adxudicadas das listas de agarda: as da 1ª volta, do 20 a 22 de setembro ; e as da 2ª volta, do 23 a 25 de setembro.

Adxudicación das prazas vacantes: a partir de 28 de setembro volverá abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral.

Número de prazas:

Os talleres soamente se poñerán en marcha cun mínimo de 10 participantes

Prezo:

COTA DE INSCRICIÓN:

30 € por obradoiro

21 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos cumpridos antes do inicio dos talleres.

A cota non será devolta no caso de suspensión do programa por confinamento por coronavirus, posto que os talleres continuarían desenvolvéndose "en liña".

PAGO DA COTA: do 15 a 17 de setembro (os tres días incluídos). A cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES81 2080 0380 6230 4000 5657. Enviando o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co núm. de DNI/ NIE, e o nome da persoa participante, centro (Fórum ou Ágora) e o/os taller/es aboado/s.

As persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" ou non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito, nas conserxarías de ambos os centros en horario de 16.00 a 20.00 h, ou depositar nas conserxarías unha copia da transferencia bancaria en papel xunto co núm. do DNI/ NIE, o nome da persoa participante, e o/os taller/es aboado/s.

No caso de non realizar o aboamento nos prazos establecidos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da lista de agarda para cubrila.

Se unha vez aboada a cota non lle fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante no prazo dunha semana que se contará desde o seu inicio.

Requisitos:

NORMAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS COVID -19 (ver Protocolo)

- As persoas participantes deberán aceptar e asinar unha declaración responsable na que se comprometen a garantir que durante os 14 días previos ao comezo dos talleres non sufriron nin tose, nin febre, nin cansazo ou falta de aire. Ademais de non estar en contacto con ningunha persoa coa dita sintomatoloxía.

- Non asistir aos obradoiros con febre (> 37º) ou con síntomas propios do coronavirus.

- No caso de se detectar un caso de contaxio, avisar urxentemente ás persoas responsables do programa.

- Manter 1,5 metros de distancia de seguridade con outras persoas tanto nos accesos como no interior do edificio.

- É obrigatorio utilizar adecuadamente a máscara (excepto nos supostos contemplados na normativa vixente) para acceder e desprazarse polo edificio e durante toda a actividade.

A máscara debe traela cada participante.

- Lavar as mans con xel hidroalcohólico antes de entrar e de saír das aulas e os aseos.

- Non está permitido compartir o material de uso individual.

- Limitar o uso dos aseos o máximo posible.

- Seguir as instrucións do persoal do edificio en todo momento e actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

Teléfono de axuda para aquelas persoas que o necesiten: 722 110 865

Teléfono de axuda para aquelas persoas que o necesiten: 623 162 876

Teña en conta ao chamar que se os teléfonos comunican é porque as persoas que responden a eses números están a lles axudar a outras persoas cun problema similar ao seu. Teña paciencia e proben a chamar de novo a eses mesmos números ata que as/os poidan atender. Nas conserxarías do centro non lles poden resolver ningún problema relacionado coas preinscricións. Grazas.

CRITERIOS DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE OCIO DO FÓRUM E DO ÁGORA.

PREINSCRICIÓN

1. Terán prioridade as persoas solicitantes que estean empadroadas no municipio da Coruña no momento de presentar a solicitude de preinscrición de cada convocatoria.

2. As persoas participantes nas actividades deberán ter a idade esixida nas condicións de cada actividade. Esta esixencia de idade computarase na data de presentación da solicitude de preinscrición e a data de comezo da actividade no caso de actividades dirixidas a menores.

3. As solicitudes de preinscrición deberán presentarse de forma telemática, a través da páxina web de Cultura www.coruna.gal/cultura (facilitarase axuda telefónica) dentro do prazo establecido para cada convocatoria.

4. Cada persoa solicitante só poderá presentar a solicitude de preinscrición cun máximo de dúas actividades. Tendo en conta que na adxudicación a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante será respectada, e esta non poderá ser modificada unha vez que realizado o sorteo.

5. Unha vez realizada a preinscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante. O número do sorteo adxudicarase diariamente a todas as solicitudes presentadas e publicarase na devandita web ao día hábil seguinte do final do prazo de solicitude.

No caso de detectarse que algunha persoa presente máis dunha solicitude de preinscrición, darase por válida a que teña o ordinal máis alto, é dicir, a última solicitude presentada -entendendo que se trata dunha modificación- e anularanse todas as anteriores.

7. Unha vez que finalice o prazo de presentación de solicitudes de preinscrición, realizarase un sorteo público en cada centro para asignar as prazas dispoñibles e elaborar as listaxes de persoas admitidas e de agarda. As listaxes de persoas admitidas nas actividades e as listas de agarda elaboraranse por rigorosa orde correlativa, a partir do número resultante do sorteo público.

8. No caso de que o número de solicitudes para unha actividade non superase a oferta de prazas, e sempre que se dea o número de solicitudes mínimo esixido para o desenvolvemento da actividade, non será necesario realizar o sorteo público. Como criterio xeral, necesitaranse un mínimo de dez solicitudes (preinscricións).

9. Se a actividade non reúne o número mínimo de solicitudes (preinscricións) de persoas participantes previsto reflectido no apartado anterior, o equipo técnico do IMCE poderá acordar suprimir a actividade afectada.

10. As listaxes de persoas participantes admitidas de cada centro, así como as listas de agarda, expoñeranse no taboleiro de anuncios de cada centro correspondente. Tamén se poderán consultar na páxina web de Cultura www.coruna.gal/cultura ou no teléfono de información municipal 010.

11. Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. En todo caso, tratarase de adxudicarlles a todas as persoas solicitantes, cando menos, un obradoiro.

INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES:

12. Unha vez comprobada a súa inclusión na listaxe de persoas admitidas deberán aboar a/as cota/s correspondente/s na entidade bancaria e no número de conta que figuran na información da páxina web.

13. Para formalizar a inscrición definitiva nunha determinada actividade as persoas incluídas na listaxe de persoas admitidas deberán enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org , xunto co núm. do DNI/ NIE, o nome da persoa participante e o/os taller/es aboado/s. Este trámite de presentación deberase realizar, necesariamente, dentro do prazo e horarios establecidos para a inscrición en cada convocatoria; se non, perderase o dereito á praza na actividade.

14. As cotas correspondentes a cada actividade fíxanse de acordo coas tarifas aprobadas no "contrato para a prestación do Servizo de planificación, desenvolvemento e xestión do Programa de Ocio Cultural do IMCE".

15. Non se admitirá a inscrición definitiva dunha mesma persoa na mesma actividade en ambos os centros. De darse o caso, anularanse todas as inscricións desta persoa na mencionada actividade.

16. Entenderase que unha persoa previamente admitida nunha actividade renuncia á praza nos casos seguintes:

- Cando non reúna os requisitos e as condicións adecuados para realizar a actividade (apartados 1 e 2).

- Cando a persoa non realice o pagamento da cota ou non presente o documento acreditativo do mencionado aboamento, nin formalice a inscrición no prazo e horario indicados nesta convocatoria (apartados 11 e 12).

- Cando a persoa participante renuncie, por escrito, durante o tempo de proba, que será das dúas primeiras sesións de cada obradoiro.

XESTIÓN DA LISTAXE DE AGARDA:

17. Para a adxudicación das prazas vacantes terán preferencia as persoas das listas de agarda que non obtivesen ningunha praza, por rigorosa orde correlativa a partir do número resultante do sorteo público.

18. As persoas solicitantes que estean en lista de agarda serán avisadas telefonicamente na mesma orde na que aparezan na listaxe. O dito aviso realizarase mediante un máximo de dous intentos de chamadas telefónicas, en distintas franxas horarias, ao teléfono que a persoa solicitante indicase na súa preinscrición.

Cando se chame ás persoas incluídas na lista de agarda e non sexa posible contactar, despois de realizados dous intentos de chamada telefónica, perderase o dereito á praza.

Unha vez iniciada a actividade e superado o tempo de proba, a incorporación de persoas en lista de agarda realizarase, con preferencia das que non obtivesen ningunha praza, por rigorosa orde correlativa, e garantindo que as novas incorporacións non atrasen o seu desenvolvemento.

CRITERIOS ADICIONAIS:

19. A presentación da solicitude de participación nas actividades supón aceptar todos e cada un destes criterios e as condicións establecidas para cada actividade, así como o estrito cumprimento do seu horario e das directrices e instrucións marcadas polo persoal técnico do IMCE e polo persoal docente responsable.

20. Se unha actividade non reúne o número mínimo de persoas participantes previsto nas condicións de cada actividade, o equipo técnico do IMCE poderá acordar a súa supresión. Neste caso procederíase a lles devolver o prezo aboado ás persoas afectadas, tras a previa presentación individualizada da correspondente solicitude.

21. As persoas participantes nas distintas actividades socioculturais están obrigadas ao bo uso e conservación dos espazos, medios ou material que empreguen. Tamén estarán obrigadas a cumprir coas normas hixiénico-sanitarias vixentes contra a COVID-19.

22. Calquera información relevante relativa ás actividades obxecto desta convocatoria comunicarase a través do taboleiro de anuncios do centro no que se realice, na páxina web de Cultura, persoal ou telefonicamente, segundo a súa relevancia e efectos.

Documentos relacionados

  • Listaxe de prazas adxudicadas Fórum outono 2021 (180 KB)
  • Listaxe de prazas adxudicadas Ágora outono 2021 (171 KB)
  • Fórum números adxudicados para o sorteo (208 KB)
  • Agora números adxudicados para o sorteo (200 KB)
  • Programa de Lecer outono Fórum 2021 (1 MB)
  • Programa de outono Centro Ágora 2021 (1 MB)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión