Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Proxección do filme documental NACIÓN

Dirección: Margarita Ledo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/06/2021

Xa rematou

Horario:

18.30 h

Duración:

92 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Sacar convite na ligazón:  :https://corunacultura.sacatuentrada.es/

Requisitos:

o Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas ás que se lles diagnosticase a enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

o Evitaranse aglomeracións tanto fóra como dentro do local. Accederase de forma ordenada gardando a distancia de seguridade mínima de metro e medio.

o Na espera, acceso e permanencia no interior do recinto, atenderanse as instrucións do persoal en todo momento e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir a información da cartelaría e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar as sinalizacións en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, espera de quenda etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír das dependencias e dos aseos.

RECOMÉNDASE:

Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación Cultural Alexandre Bóveda

Moito se ten falado da loita obreira, pero poucas veces asomou no cinema o específico que esa loita ten para as mulleres: a apertura ao mundo que supuxo a incorporación ao traballo, no medio tamén de tempos convulsos para o sector fabril. A través das enérxicas e carismáticas mulleres da fábrica de cerámica da Pontesa (irmás galegas das cigarreras de Cádiz e Sevilla), Margarita Ledo constrúe un relato emocionante, combativo e poético dunha loita inconclusa: "unha película que trata do moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar senón en acceder ao traballo asalariado e á posibilidade de ser independentes. En resumo, o moito que nos custou ser Nación".

España - 2020

V.O. en galego

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión