Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Quiero la Luna! de Partículas Elementares

Unha obra de monicreques de cartón de manipulación directa, en castellano, para público familiar a partir dos 3 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

29/12/2021

Xa rematou

Horario:

18:00 h 

Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala. 

Duración:

45 min

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

6.00 euros 

Abono 3 Familiar: (3 entradas para a mesma función): 15.00 euros

Menores de 3 anos: 2.00 euros

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.gal

Esta é a historia dunha nena que se chama Alice, que vive nun país xunto ao mar e ten todo o que unha rapariga podería querer. Pero fáltalle a máis importante de todas: a Lúa.

Tan importante é que un día, Alice ponse enferma e di que só poderá poñerse boa se... consegue a Lúa e impón ao seu pai unha inmensa vontade de facer realidade o seu soño.

Poderá o seu pai cumprir os seus desexos?

Ela pensa que si, aínda que só sexa porque é o Presidente.

E un Presidente sempre o consegue todo. Aínda que... a Lúa?!

Pero será a Lúa o que realmente quere Alice?

Un desexo imposible dá lugar a unha historia na que o amor é o punto de partida para todo o demais. Unha historia sobre os sentimentos e a súa natureza, na que o querer gaña unha dimensión tan grande que a posibilidade de que algo ocorra convértese nunha falsa cuestión.

Nun escenario dividido en varias maletas, que se van abrindo de escena en escena, a historia sucédese de forma emotiva, sorprendente e pedagóxica. Eu quero a Lúa! mostra que un auténtico amigo pode ser a chave para cumprir todos os nosos desexos, e que aquilo que aos ollos dun neno é  intanxible en realidade é fácil de alcanzar.

Actor / Manipulador: Carlos Silva

Autoría: Partículas Elementares

Dirección: Leonor Bandeira

Marionetas e escenografía: Planeta Zorg

Foto e vídeo: Natacha Sampaio

Produción: Partículas Elementares

Espectáculo recomendado para nenas e nenos a partir de 3 anos

**Aforo: 180 localidades

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do inicio do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Venda en liña: Ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión