Quique González presenta o seu novo disco, “Sur en el valle”, título inspirado nese vento famoso na cornixa cantábrica ao que se asocian todo tipo de lendas. Sempre hai un espazo para o imprevisto cando sopra o sur, un halo de misterio que se estende tamén a algunhas pasaxes desta colección de cancións concibidas en gran parte durante os meses máis duros do confinamento nos que o vento se apropiou das rúas baleiras.
Para público en xeral
26/03/2022
Xa rematou
- Hora: 21.00 h
- Hora de apertura de portas: 30 min antes da función
Platea: 32,00 €
Palco Central: 32,00 €
Palco Real: 32,00 €
Palco Lateral: 30,00 €
Principal: 25,00 €
Principal 1.ª fila (VR): 20,00 €
Desconto do 20% para carné xove, maiores de 65 anos ou persoas desempregadas
Desconto do 25% para familia numerosa
**Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredita o desconto
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.
- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
Sweet Nocturna S.L
teatrocolon@coruna.gal
"Sur en el valle", gravado en novembro de 2020 na Casa Murada e producido por Toni Brunet, é un disco repousado e de grolo longo, máis reflexivo que narrativo, no que a natureza e os escenarios condicionan o diálogo interior que fía estas 11 novas cancións (e unha pista escondida). Ten un son orgánico, directo e unha enerxía contida que manexa unha fantástica banda que pon especial atención ás dinámicas. Un pouco máis afastado dos sons á americana doutros discos de Quique, "Sur en el valle" busca novas paisaxes sonoras e outórgalles maior protagonismo a instrumentos acústicos como o contrabaixo e a guitarra clásica. Vellas acústicas Gibson, Wurlitzer e Hammond e elegantes baterías acompáñannos tamén nesta viaxe. Escrito na súa maior parte o pasado ano dentro dunha vella furgoneta GMC Vandura aparcada no alto dun outeiro, ideal para escoitalo mentres conducimos e sentir que o vento sur nos brinda máis preguntas que respostas.
"Sur en el valle" (Cultura Rock / Varsovia Récords, 2021) é o décimo terceiro disco de Quique González nas máis de dúas décadas desde que iniciase a súa traxectoria discográfica. Tempo no que o artista madrileño construíu un repertorio único coa dedicación e o agarimo dun artesán. Respectado pola crítica e cun dos públicos máis fieis que se poden ter, vén á Coruña acompañado da súa banda para presentarnos esta nova colección de cancións cociñadas a lume lento nos Vales Pasiegos.
VENDA DE LOCALIDADES
24/04/2024
26/04/2024
26/04/2024
26/04/2024
27/04/2024
Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible