Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Resis Festival 2021

Festival de Música Contemporánea da Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/04/2021 ata o 06/06/2021

Xa rematou

Documentos:

programa-Resis.png (1 MB)

RESIS é un festival internacional de música contemporánea e artes vivas que establece na Coruña un punto de encontro para a difusión da creación e interpretación do noso tempo. Un espazo de confluencia onde xerar novas vías de escoita, reflexión, debate e formación sobre as distintas linguaxes da creación de vangarda.

Desde RESIS desenvolvemos un proxecto que pon en valor as últimas creacións no campo da música contemporánea en lugares alternativos de representación que salientan o noso patrimonio arquitectónico. Desta unión nace unha correspondencia entre o son e o espazo que interactúa nun contorno aberto e próximo co público.

Nesta IV edición contaremos con prestixiosos grupos e artistas como Pulso Ensemble, Elisa Vázquez Doval, Roberto Oliveira, Vertixe Sonora Ensemble, Nacho de Paz, Miryam Pato, Cuarteto Matrice, Iria do Castelo, Verónica Vicente, Colectivo Glovo, Macarena Montesinos, Adriana Aranda, Grupo IXOR e cunha especial colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia a través do Proxecto 2020/21 no que participarán formacións de cámara como Grupo Instrumental S.XX, Camerata OSG, Quinteto de cuerda Schubert, Grupo Untía, Zoar Ensemble, Orphelion Ensemble ou OSG Sinfonietta. A actriz Chus Álvarez encargarase da presentación de todos estes concertos en espazos emblemáticos da nosa cidade como a Fundación Luis Seoane, a Igrexa das Capuchiñas, a Casa Casares Quiroga, a Sala de exposicións de PALEXCO, a Domus, o Muncyt, o Aquarium Finisterrae e o Teatro Colón.

* Para máis información prema aquí!

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión