Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Rostros virais - "Viral faces", de Juan Perdiguero

No marco da celebración de Aberto 2021 como iniciativa de Contemporánea, Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia, Moret Art ten o pracer de convidarte á inauguración da exposición "Rostros virais - Viral faces" do reputado artista madrileño instalado en Nova York, Juan Perdiguero.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/09/2021 ata o 22/10/2021

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 10.00 h a 14.00 h e de 17.30 h a 20.30 h

Sábados de 12.00 h a 14.00 h.

Enderezo:

Rúa Uruguay 1, bajo. 15004 A CORUÑA

Neste segundo proxecto en Moret Art, o seu propósito é "presentar imaxes figurativas e contemporáneas ambiguas, cunha linguaxe severa, dramática e cunha visión transcendental da condición humana contemporánea".

Inauguración: este xoves, 16 de setembro, de 18.30 a 20.30 h

O acto de inauguración terá lugar nunha franxa horaria, de 18.30 a 20.30 h, que permita o acceso graduado á sala para garantir a distancia de seguridade e a capacidade permitida, con todo, convidamos as persoas visitantes a que reserven a súa hora de visita contactando connosco a través do correo electrónico moretart@moretart.com ou telefonicamente no 981 927 376. Así mesmo, Moret Art cumpre con todas as medidas de prevención, limpeza e hixiene e protección ante a COVID-19, polo que o uso de máscara é obrigatorio, así como a desinfección de mans con xel hidroalcohólico a disposición da/o visitante.

A mostra confórmana unha serie de debuxos en diferentes formatos, realizados a man alzada, con representacións nas que desexa "estudar a ambigüidade psicolóxica entre o animal e o humano, explorando a representación da mirada e a linguaxe facial de ambos os seres". Afirma o artista: "As imaxes de animais, de intensas miradas, están inspiradas en fotografías que tomei de animais mantidos en cativerio en diferentes xardíns zoolóxicos, alienados psicoloxicamente dos seus xenuínos instintos naturais". Doutra banda, sostén: "As imaxes humanas están inspiradas en fotografías tomadas de modelos humanos no meu estudo, e imaxes onde procuro unha variedade de persoas cuxas características físicas, étnicas e a súa expresión psicolóxica e anímica considerei apropiada para o contido conceptual proxectado".

O autor manipula os límites entre técnicas coa súa característica técnica mixta, sobre a que afonda na tese doutoral que vén desenvolvendo nos últimos tempos, focalizada no debuxo sobre emulsións fotográficas. Combina tinta de gravado, óleo e aceite de liñaza sobre unha emulsión fotográfica, que previamente foi sensibilizada con luz e tratada con substancias químicas, como modo de conseguir manchas arbitrarias e premeditadamente abstractas; deste xeito, crea unhas imaxes de carácter híbrido, pois son clásicas en aparencia, enraizadas na figuración procedente da tradición pictórica da escola barroca española, tanto polo uso do intenso claro escuro como pola teatralidade e a artificiosidade das súas composicións, pero fortemente contemporáneas na forma en que están conceptualizadas e construídas.


Juan Perdiguero (Madrid, 1963) é profesor titular e catedrático de Debuxo na Facultade de Artes Visuais da Universidade do Estado de Nova York, no campus de Oswego. Recibiu numerosas bolsas, premios e residencias artísticas entre as que se inclúen SUNY Presidential Award, Fulbright Comission, SCAC Grant, Atworks, National Residency CEPA Gallery, The Art Matters Inc., Hangar Barcelona, Can Serrat, el Bruch, Three Walls Chicago, Kaus Australis, Róterdan. Fundación Valparaiso, Mojacar, Kanaal 10, Amsterdam etc. Expuxo o seu traballo creativo en numerosas galerías nacionais e internacionais e participou en feiras internacionais de arte en Berlín, Colonia, Chicago, Miami, Nova York, Barcelona, Madrid etc. Así mesmo, deu conferencias sobre os procesos creativos da súa obra artística a nivel nacional e internacional, e a súa obra atópase en numerosas coleccións privadas e públicas entre as que se inclúen The Castellani Art Museum, The Burchfield-Penney Art Center, MEAM ou The David Bowie Collection.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión