Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Ruta: As luces dos libros. De faro a faro

O sábado 11 de febreiro faremos unha ruta pola cidade para coñecer #ACoruñaLiteraria. As luces dos libros. De faro a faro é o nome desta ruta que estará por Carmela Galego, historiadora da Arte.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/02/2023

Xa rematou

Horario:

12.00 h

Enderezo:

Asociación cultural Alexandre Bóveda . Rúa San Andrés 36, 1º. 15003

Páxina web:

https://www.acalexandreboveda.gal/

Organiza:

Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Contacto:

981 200 869

Este será o itinerario:

Praza do pintor Sotomayor. Comezaremos o noso percorrido ás 12.00 h diante da Biblioteca da Casa do Consulado, a biblioteca pública máis antiga da cidade.

Rúa do Sol, nº 8 a última localización da biblioteca Germinal. Con Ana Romeu, historiadora.

Rúa San Andrés, nº 36. Biblioteca Círculo de Artesáns. Con Marcelino Abuín, xestor de patrimonio.

Xardíns de Méndez Núñez: biblioteca Concepción Arenal, biblioteca Infantil e Biblioteca Popular (edificio Atalaia) Con Xosé Luís Martínez, arquitecto.

Mapa Mundi do Beato do Burgo de Osma

O mapamundi do Beato do Burgo de Osma garda unha das primeiras representacións gráficas do que segue sendo o gran símbolo da nosa cidade. Un elemento alongado con catro letras á súa beira: FARO. Hoxe sabemos que ese era o topónimo co que A Coruña se identificaba durante boa parte da Idade Media e este códice do ano 1086 así o recolle. No que parece o outro extremo dun mar coñecido vemos un elemento xemelgo. Está, efectivamente, no oriente do Mare Nostrum e representa o faro de Alexandría. Alexandría, ese lugar suxestivo co que estamos irmanados polos nosos grandes símbolos: os faros. Alexandría é tamén mundial e historicamente coñecida polas luces dos libros da mítica biblioteca.

As prazas son limitadas.

Para anotarse prema aquí

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión