Despois de máis dun mes intervindo no espazo da galería, SEKONE inaugura a súa nova exposición.
Para público en xeral
Dende o 09/07/2015 ata o 01/08/2015
Xa rematou
Sekone aliméntase do figurativismo realista de Velázquez, transmite a ironía e o xogo entre o texto (moitas veces non escrito) e a imaxe de John Baldessari e visita os territorios artísticos de Barry Mcgee. Non é un grafitteiro, nin un artista urbano, nin un no 2015 estas fronteiras, e a do postgraffiti, están superadas. A arte non entende de límites entre os espazos e os discursos in-out deixaron de ser estancos, pola contra, hai moito que contar, e moita necesidade de facelo, do público no privado e reciprocamente. Os dous, a arte urbana e a arte de sala, son tan válidos que non prostitúen unha esencia só criticada por puritanas mentes cartesianas.
Dito isto, si, algo está a pasar en Monty4. Sekone introdúcese no espazo cunha necesidade de exploración introspectiva e reproduce nel momentos da súa intimidade vital e creativa, instantes persoais e alleos, mediante sátira de humor negro cargada de discurso vital.
Un gorro espachurrado no chan e pintado nunha táboa de polbo non é só plástica, nin un alarde de realismo pictórico, senón o medio a través do que Sekone comparte connosco a súa historia persoal e ironiza un retrato xeracional. De maneira similar, cos seus “amigos que non quixeron pousar para unha foto e acabaron sendo un debuxo!” desvela a intimidade dos que quixeron ocultala e cóntanos canto ridículo é ter sentido do ridículo.

Dende o 12/05/2026 ata o 30/05/2026
Cando: do 12 ao 30 de maio de 2026. A visita guiada: 19 de maio ás 19:30 h.

Dende o 23/04/2026 ata o 31/05/2026

Dende o 26/05/2026 ata o 12/06/2026

Dende o 12/05/2026 ata o 31/07/2026
Exposición ao aire libre na rúa Compostela

Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible