12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva xorde dos múltiples acontecementos, sintonías e anécdotas que dúas actrices foron vivindo xuntas durante os seus máis de 10 anos de relación entre ambas.
Para público en xeral
22/10/2021
Xa rematou
20.30 horas
80 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo
Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
• Todo o que acceda á sala na que terá lugar a función debe facelo con entrada.
• Unha vez comezada a función non se poderá acceder ao auditorio.
RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.gal
Dúas actrices en escena, dúas mulleres nas que reflectirse a través das súas fraquezas e virtudes. Un mosaico de complicidades a través do tempo... e algún que outro conflito tamén. Unha historia de autosuperación e empoderamiento feminino. Un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica - subversiva, no que o espectador terá tamén ocasión de observarse e viaxar con elas na procura duns soños tan anhelados como a última oliva do prato.
Interpretación: Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez
Autoría, dirección e adaptación: Marian Bañobre
Compañía Olivas Negras
Duración: 80 min
Espectáculo en galego
*Espectáculo incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes Praza de Ourense (excepto festivos): de luns a xoves de 10:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 18:00 h / venres de 10:00 h a 15:00 h
Despacho de billetes Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
Venda en liña: www.ataquilla.com
30/03/2024
02/04/2024
Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
06/04/2024
Dende o 05/04/2024 ata o 06/04/2024
09/04/2024
Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dende o 12/04/2024 ata o 13/04/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible