Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sen Numerar outono 2022 - Esas cousas marabillosas

LOCALIDADES ESGOTADAS!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/10/2022

Xa rematou

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Horario:

21.00 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 9,00 €

Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €

*Todas as persoas que accedan ao auditorio no que terá lugar a función deben facelo con entrada.

**Para a aplicación do desconto é necesario mostrar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da súa idade

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

Espectáculo da compañía Empatía Teatro.

Comedia. Espectáculo participativo e unipersonal

É unha peza participativa, tenra, emocionante e divertida.

É unha comedia que fala sobre a saúde mental, a depresión e o suicidio.

É unha obra que che pode cambiar a vida... e para ben.

Esas cousas marabillosas comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, a axuda para acomodarse, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un tempo dentro del sen sabelo e algúns cunha "cousa marabillosa" na man. Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando mamá está no Hospital : "Fixo unha parvada", di papá, porque: "resúltalle difícil ser feliz". Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo, de sete anos daquela, comece a facer unha listaxe de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que paga a pena vivir: 1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3. O primeiro baño do verán. 4. A cor azul. 5. A roupa a cadros. 6. Unha montaña rusa.

Deixa a listaxe na almofada de mamá co titulo "Esas cousas marabillosas"... Mamá leuna, sabémolo porque corrixiu a ortografía.

Esas cousas marabillosas esgotou as entradas durante tres anos consecutivos no Festival de Edimburgo e representouse en Londres, Nova York, Bruxelas, San Juan de Porto Rico, Maryland, Oregon, Canadá. Éxito rotundo tamén en Madrid e Barcelona interpretada por actores e actrices como Brais Efe, Inma Cuevas, Leticia Dolera e Pau Roca; estreouse en Galicia e en galego o 11 de marzo de 2022 no auditorio de Narón.

Intérprete: Elisardo da Cruz García

Autor: Duncan Macmillan

Dirección e adaptación: Avelino González

Espectáculo en galego

Venda de entradas

Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Fórum: días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)

Venda en linea: ataquilla.com

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión