Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sen Numerar Primavera 2022: A familia real / Olivas Negras e Aporía

Estrea de teatro contemporáneo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/03/2022

Xa rematou

Horario:

20:30 h

Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Duración:

80 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €; descontos (carné xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €

* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

A familia real é unha coprodución entre Atribuiría Escénica, dirixida por Diana Mera e Olivas Negras, dirixida por Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez. Tres mulleres creadoras e empresarias da escena, formadas na ESADg, que decidiron entrecruzar os seus camiños artísticos e unir forzas nun novo proxecto teatral, motivadas pola necesidade de interaccionar cos seus fillos e fillas en escena. Como cambia a nosa vida cando chega un novo ser a ela? Corréspondese a realidade co imaxinado previamente? Ata que punto nos transforma e nos enriquece formar unha familia? Cales son as dificultades, os desafíos, as crises que se nos presentan como nais e pais nunha sociedade tan complexa como a contemporánea? Como compaxinamos a itinerancia e inestabilidade das artes escénicas coas esixencias da crianza? Estamos preparadas para asumir todos os retos e imprevistos con creatividade?

Coprodución: Aporía Escénica & Olivas Negras

Dirección e dramaturxia: Diana Mera

Intérpretes:

  • Nais e pais: Sonsoles Cordón, Francisco Gallardo, Diana Mera, Vicente Mohedano, Cecilia Vázquez, Beatriz de Vega

  • Fillas e fillos: Catalina Scillia, Gianluca Cordón, Asahel Gallardo Mera e Ginevra Nortes

  • Canguro: Marielvy Martínez

Escenografía e vestiario: Aporía Escénica e Olivas Negras

Música e deseño de son: Francisco Gallardo

Deseño de iluminación: Beatriz de Vega

Audiovisual: Pío Cribeiro

Fotografía: Sabel Sabín

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de función desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11:00 h a 15:00 h e de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión