Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sen Numerar primavera 2022: As Fillas Bravas e o mito de Casandra, de Chévere

Esta comedia coloca o foco en tres mulleres de aldea "pandeireteiras", referentes positivos e próximos de personaxes de mulleres afirmativas, autónomas, creativas e implicadas na colectividade. E ao mesmo tempo ofrece unha visión divertida, directa e sen prexuízos do impacto do cambio climático na nosa sociedade e nas nosas vidas.

A quen vai dirixido?:

Recomendada para público xuvenil, a partir de 14 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/03/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €; descontos (carné xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €

* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan historias escoitadas ou inventadas, con moita ironía e non menos sabedoría.

Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para sensibilizar sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida.

As Fillas Bravas é, por unha banda, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e a súa propia experiencia vital; e, por outro, é un espectáculo con perspectiva de xénero á procura de modelos de empoderamento feminino.

Por que o mito de Casandra? Casandra, filla do rei de Troia, era tan fermosa que Apolo ofreceulle o don da profecía se aceptaba converterse na súa amante. Ela aceptou. Pero cando Apolo se lle achegou, ela negouse. O deus, ofendido, pensa un castigo exemplar, sen deixar de cumprir a palabra dada: concédelle a Casandra o don de predicir o futuro, co engadido dunha maldición incontestable, ninguén vai crer o que ela di.

Por que a ciencia é a Casandra actual e o cambio climático o noso cabalo de Troia? Na actualidade, a maldición de Casandra materialízase nas persoas que se dedican á investigación científica. A ciencia trata de comprender, respectar e actuar segundo as leis do universo. Busca a verdade sobre o funcionamento da natureza e adianta, mediante modelos conceptuais ou numéricos, as consecuencias da actuación humana. Mais poucas veces se lle fai caso e a comunidade científica ve como a sociedade camiña irremediablemente cara a un desenlace que se podería evitar. Un exemplo perfecto disto é o cambio climático, do que a comunidade científica de todo o mundo leva alertando como mínimo desde os anos setenta, sen que ninguén lle conceda a credibilidade que merece.

Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar

Autor: Chévere

Dirección e adaptación: Xron

Escenografía e vestiario: Chévere

Deseño e son: Xacobe Martínez Antelo

Deseño de iluminación: Fidel Vázquez

Música: Popular

Idioma: galego

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de función desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11:00 h a 15:00 h e de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

  • "Arrolos e colos musicais", de Leticia Falcón

    Cando:

    16/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 12/04/2024 ata o 16/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 2 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Falando a Boca Chea: contacontos con Ramiro Neira

    Cando:

    18/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 11/04/2024 ata o 18/05/2023

    Require inscrición

  • TRC danza: Anöa

    Cando:

    19/04/2024

  • Falando a Boca Chea: contacontos con Pablo Díaz

    Cando:

    19/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 12/04/2024 ata o 19/05/2023

    Require inscrición

  • Festival Falando a Boca Chea 2024

    Cando:

    Dende o 13/04/2024 ata o 20/04/2024

  • "Os contos do chupete", de Migallas

    Cando:

    23/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión