Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sen Numerar Primavera 2022: DO PRACER E DA MORTE/ A Feroz

Teatro contemporáneo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/06/2022

Horario:

20.30 h

Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

Duración:

80/90 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €; descontos (carné novo, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €

* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario do mesmo.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo/proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Nesta peza de aspectos oníricos -e mesmo surrealistas por momentos- entretécense as actrices e actores coas súas circunstancias, Boccaccio e a súa crónica da Peste Negra no Decamerón ou O Bosco e as súas delicias inclasificables.

Tres planos que por momentos superpóñense e afástanse para proxectar as súas propias luces sobre a necesidade de fartar as faenas, os límites do que nos define como criaturas humanas e o temor á propia caducidade. Todo isto sen renunciar á música, á poesía e ao humor retranqueiro que define o ton do traballo da Feroz.

A obediencia, a autoridade, a curiosidade, a subalternidade, o medo á extinción, a urxencia do desexo, a incerteza e a praga... todos estes elementos compoñen un fresco dunha humanidade que quizais non mudou moito nos últimos sete séculos.

En definitiva, "Do pracer e da morte" é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.

Intérpretes: Gustavo Freire, Beatriz Romeu, Inés Salvado Gontad e Diego Salgado

Autora: Lorena Conde

Dirección: Borja Fernández (escénica) - Lorena Conde (artística)

Escenografía: Coti Faro

Deseño de son e Música: Manuel Abraldes

Deseño de iluminación: Montse Piñeiro

Vestiario: A Feroz e Montse Piñeiro

Música: Manuel Abraldes

Idioma: Galego

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión