Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

SIMPLE MINDS "40 Years of Hits Tours 2022" - Ciclo Xacobeo Importa

Regresan os concertos do Ciclo Xacobeo Importa na súa 11.ª edición con coidada oferta de concertos internacionais polas principais cidades galegas con motivo da celebración do Xacobeo 21·22.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/07/2022

Xa rematou

Horario:

22.00 h

(apertura de portas: 20.30 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Pista: 34,00 €

Tendido Baixo: 45,00 €

Tendido Medio: 40,00 €

Tendido Alto: 34,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Sweet Nocturna, SL

  • A entrada é nominal, persoal e intransferible. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.
  • No momento da compra da entrada a persoa titular da entrada debe indicar o seu nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte), tal e como figuran no seu Documento Nacional de Identidade (DNI).
  • Para poder acceder ao Coliseum, a persoa titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI orixinal xunto coa súa entrada.

Simple Minds é unha das bandas máis lonxevas da historia do rock de estadio que chegou a vender máis de 60 millóns de álbums. Na súa longa traxectoria, o grupo escocés foi protagonista de concertos históricos como o de Night of the Proms en Róterdan, ou o mítico concerto no estadio de Wembley ante máis de 50.000 persoas. O seu sinxelo máis éxitoso, Don't You (Forget About Me), está incluído na lista das 100 cancións máis vendidas da historia: con 6,5 millóns de copias distribuídas. Ademais, Simple Minds conta con máis de 20 discos e logrou que 6 deles, Sparkle in the Rain (1984), Once Upon a Time (1985), Live in the City of Light (1987), Ballad of the Streets (1989), Street Fighting Years (1989) e Glittering Prize (1992) alcanzasen os primeiros postos nas listas en máis de 20 países.

Neste 2022 a banda embarcarase nunha extensa xira mundial (que tivo que ser atrasada pola pandemia) para celebrar os seus 40 anos de traxectoria. Con motivo deste aniversario, tamén editaron un disco que recolle os directos da súa xira máis extensa por Estados Unidos, Live in the City of Angels, e un recompilatorio cos éxitos da súa carreira: 40:The Best of - 1979-2019

Case 20 anos despois do seu último concerto nun escenario galego, chegan nun gran momento de forma para repasar un repertorio emblemático diante da gran cantidade de fans que ten o grupo en Galicia.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente os días concerto desde as 17:00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Tamén che pode interesar...

  • Sala Filomatic

    Cando:

    Os días 01/03/2024, 02/03/2024, 08/03/2024, 09/03/2024, 16/03/2024, 22/03/2024, 23/03/2024, 29/03/2024, 30/03/2024

  • Garufa Club

    Cando:

    Os días 01/03/2024 ás 22:00 , 02/03/2024 ás 22:00 , 06/03/2024 ás 21:00 , 08/03/2024 ás 22:00 , 09/03/2024 ás 22:00 , 10/03/2024 ás 20:00 , 13/03/2024 ás 21:30 , 14/03/2024 ás 21:30 , 15/03/2024 ás 22:00 , 16/03/2024 ás 21:30 , 20/03/2024 ás 21:00 , 21/03/2024 ás 22:00 , 22/03/2024 ás 22:00 , 22/03/2024 ás 22:00 , 23/03/2024 ás 22:00 , 27/03/2024 ás 22:00 , 30/03/2024 ás 22:00

  • Sala Mardi Gras. Programación marzo 2024

    Cando:

    Os días 01/03/2024 ás 22:00 , 02/03/2024 ás 21:30 , 07/03/2024 ás 21:00 , 08/03/2024 ás 22:30 , 09/03/2024 ás 22:00 , 14/03/2024 ás 21:00 , 15/03/2024 ás 21:30 , 16/03/2024 ás 22:00 , 21/03/2024 ás 21:00 , 22/03/2024 ás 22:30 , 23/03/2024 ás 22:30 , 27/03/2024 ás 22:30 , 28/03/2024 ás 22:30 , 29/03/2024 ás 22:30 , 30/03/2024 ás 22:00

  • LOS TIGRES DEL NORTE "European Tour 2024"

    Cando:

    05/04/2024

  • Concerto de Tradicional

    Cando:

    05/04/2024

  • Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

    Cando:

    06/04/2024

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión