Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sol e cardos. Campamento de verán

Un ano máis, a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición de Sol e cardos, o campamento de verán que, entre os meses de xuño e xullo, achegará a obra plástica e o pensamento de Luis Seoane a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 22/06/2020 ata o 17/07/2020

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Sol e cardos, o campamento de verán da Fundación Luis Seoane regresa este ano cunha nova edición dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos que, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas, levarán a cabo unha serie de actividades ao redor da obra plástica e o pensamento de Luis Seoane. Nesta ocasión, o formato dos obradoiros inspiraráse na estrutura de Laboratorio Escóitasme?, a proposta didáctica online da Fundación Luis Seoane enfocada aos máis pequenos e ás súas familias, que se desenvolveu durante o período de alarma a través de dobres sesións teóricas e prácticas.

O custe da matrícula é de 50 euros por semana, cun 10% de desconto para grupos de dous ou máis irmáns, ou no caso de querer inscribirse en dúas ou máis semanas (prazas limitadas). As persoas interesadas poden desgargar o impreso de correspondente no enlace seguinte:

Folla_inscrición

Normas

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión