Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
Infantil
15/10/2025
Xa rematou
Dende o 08/10/2025 ata o 15/10/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O mércores 15 de outubro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o "Obradoiro de Autos tolos" impartido por Carlos Santodomingo, da Asociación Jóvenes Científicos, para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Prepárate para unha aventura chea de creatividade, enxeño e velocidade! No Obradoiro Autos Tolos converteraste nun pequeno inventor capaz de deseñar e construír o teu propio coche eléctrico, que logo poderás levar á casa como trofeo.
Neste obradoiro descubriremos como funciona un motor eléctrico sinxelo e que elementos precisa un vehículo para moverse. Poñeremos a proba a nosa imaxinación creando coches únicos, combinando tecnoloxía, reciclaxe e deseño orixinal. Competiremos nun dobre reto: un concurso de deseño para escoller os coches máis creativos e unha carreira de velocidade onde só os máis rápidos chegarán á meta.
Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar

13/12/2025

17/12/2025
Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025
Require inscrición

20/12/2025
Dende o 13/12/2025 ata o 18/12/2025
Require inscrición

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026
Abrirase o día 01 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para á inscrición.

17/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 15/01/2026
Require inscrición

07/02/2026
Dende o 31/01/2026 ata o 05/02/2026
Require inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible