Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Todo Público Primavera 2022: Coa cabeza en las nubes de Eugenia Manzanera

Dunha cabeza que se pasea polas nubes podes esperar calquera cousa: un mandil que é unha torre, unha luva que é un coello que leva un espertador, unha folla de papel que nada e é moito á vez.

A quen vai dirixido?:

Recomendado para público familiar a partir de 3 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

21/05/2022

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Cousas que debes saber antes de vir vernos:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez empece a función.

- Todas as persolas que accedan ao auditorio do Fórum teñen que facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos durante a función.

- Polas súas características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo/proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Contos de nunca acabar, disparates, contos con ritmo, con vento, contos que se comen, contos que se cantan... historias varias e variadas, contos curtos, contos longos, en prosa, en verso. Imaxinación con moito humor, xogos de palabras e de mans... un estilo propio de estar sobre o escenario e comunicarse co público... Todo isto e moito máis é "Con la cabeza en las nubes".

É un espectáculo que quere facer que o público familiar faga voar a súa imaxinación e os seus sorrisos. Aquí agardo por ti, comendo un ovo... Eugenia Manzanera quere celebrar que leva nisto da farándula 30 anos.

Uns din que conta máis que actúa, outros que actúa máis que conta, outros que trae moitos trastes, outros que non son suficientes... todos levan razón e ningún a ten. Aínda que a súa traxectoria non se enfocou só ao traballo con obxectos, estes forman parte do seu universo que, xunto coas palabras, as súas maneiras de pallasa, e a súa comunicación directa e bulideira, conforman o seu camiño como creadora.

Permitídelle, respectable público! Que traia na súa maleta algunhas historias, uns cantos monicreques, unha vintena de trastes que formaron parte da súa andaina. 30 anos trasteando dan para moito...

INTÉRPRETE: Eugenia Manzanera

IDIOMA: Castelán

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de espectáculo desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión