Teatro de actores e monicreques de manupulación directa. "Cris a pequena valente" é a historia de Cristina, unha nena que ao nacer pensaron que era un neno. Si, un neno... Ela nunca sentiu neno. Desde sempre sentiu nena e así llo fixo saber aos seus pais desde moi pequeniña.Dedicado a todas as persoas transgénero do mundo.PREMIO FETÉN 2021 A O MELLOR ESPECTÁCULO.PROGRAMACIÓN ESPECIAL CORUFEST 2022.
Recomendado para público familiar a partir de 6 anos.
Familias, Infancia
28/05/2022
18:00 h
Cousas que debes saber antes de vir vernos:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez empece a función.
- Todas as persolas que accedan ao auditorio do Forum teñen que facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).
- Non está permitido sacar fotos durante a función.
- Polas súas características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
65 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €;
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
IMCE
forum@coruna.gal
Cris, que así lle gusta que a chamen, é unha nena trans, riseira e intelixente, que loita polo seu dereito para ser a persoa que é e sente. Desexa ter un futuro repleto de liberdade e oportunidades, para poder crecer e desenvolverse, como calquera outra nena da súa idade. A historia dunha nena que loita por ser quen é e ser o que sente.
Un relato cheo de superación, amor e fantasía. El Espello Negro, a imprescindible compañía de teatro de monicreques andaluza, gañadora de dous premios Max, volve coa súa nova creación cunha impecable posta en escena que caracteriza os malagueños, e que ten como obxecto, esta vez, facer chegar ao público, a través dos textos, a música, o baile e a luz, unha creación na que a historia e os personaxes priman sobre todo o demais.
Unha obra teatral cunha visión positiva, aínda que non carente de situacións complicadas e tristes, pero que finalmente terminará cun certeiro triunfo sobre a verdadeira identidade de xénero da pequena protagonista.
INTÉRPRETES: Cristina Jiménez, Carlos Cadros e Yolanda Val
DIRECCIÓN E AUTORÍA: Anxo Calvente
IDIOMA: Castelán
VENDA DE LOCALIDADES
26/05/2022
Dende o 19/05/2022 ata o 26/05/2022
Dende o 13/05/2022 ata o 27/05/2022
Os días 08/02/2022 ás 18:00 , 15/03/2022 ás 18:00 , 29/03/2022 ás 18:00 , 12/04/2022 ás 18:00 , 26/04/2022 ás 18:00 , 10/05/2022 ás 18:00 , 31/05/2022 ás 18:00
Require inscrición na seguinte ligazón: Inscricións para "Merendas con contos na biblioteca Forum".
04/06/2022
12/06/2022
25/09/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible