Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Todo Público primavera 2022: Feirantes /Teatro do Noroeste

Un espectáculo sinxelo, creado desde o sorriso, desde a delicadeza, desde o amor, que busca a relación directa, limpa, sen trampas, coas persoas espectadoras de hoxe e con todos os públicos. Un espectáculo homenaxe á vaca e aos estraños e curiosos personaxes que aínda habitan moitos pobos de Galicia e tamén, por que non dicilo, un espectáculo homenaxe a Álvaro Cunqueiro.

A quen vai dirixido?:

Recomendado para público familiar a partir de 6 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

05/03/2022

Xa rematou

Horario:

18:00 h

Cousas que debes saber antes de vir vernos:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persolas que accedan ao auditorio do Forum teñen que facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos durante a función.

- Polas súas características, algún dos espectáculos pode ter capacidade reducida.

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicar solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.

- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

"Feirantes" é un espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro Os outros feirantes. Como se sabe, nestas narracións aparecen reflectidas as andainas de diversos e curiosos personaxes a través dun fío condutor, dun nexo común que as interrelaciona, e este nexo non podía ser outro que unha vaca, o animal totémico da cultura rural galega.

Unha vaca, pasa de man en man, de dono en dono, de feira en feira, e acompañándoa no seu percorrido vital tomamos coñecemento das andainas destes personaxes tan próximos á realidade máxica que caracteriza a cultura galega.

Pero os días están contados para estes personaxes, para este fermoso animal. Aos poucos, todo o que significan vaise derrubando. As súas vidas perden o sentido que alentou nelas e, desorientadas, atopan caladamente o seu fin.

E no último intre pregúntanse a si mesmas cal foi o motivo, cal foi a razón que as levou a esa situación sen saída onde se atopan: Quizais a súa maneira de ser? Será que a súa innata mansedume, o seu natural conforme, as levou amodo ata a súa fin?

Intérprete: Imma António

Dirección e adaptación: Eduardo Alonso

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión