Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Tres mulleres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath e Cristina García Rodero

Tres mulleres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath e Cristina García Rodero trae á Fundación Luís Seoane unha selección de imaxes, sesenta en total, de tres das fotógrafas máis destacadas na historia do medio.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/11/2022 ata o 15/01/2023

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Organiza:

Fundación Luís Seoane

Contacto:

info@fundacionluisseoane.gal

+34 981 216 015

A norteamericana Eve Arnold foi, no ano 1951, a primeira muller en ingresar na axencia Magnum, fundada tan só catro anos antes polos fotógrafos Robert Capa, David Seymour, Henri Cartier-Bresson, George Rodger, Bill Vandivert, Maria Eisner e Rita Vandivert. Tras ela, incorporaríase a austríaca-estadounidense Inge Morath en 1955; e en 2005, Cristina García Rodero sería a primeira española en formar parte desta soada axencia internacional de fotografía.

Comisariada por Rosa Oliveirais, editora e directora da revista de fotografía contemporánea Exit, imaxe & cultura, Tres mulleres Magnum reúne algunhas das imaxes máis coñecidas realizadas por Eve Arnold e Inge Morath, así como unha selección representativa do traballo de Cristina García Rodero.

Para a comisaria é fundamental destacar o feito de que as tres foron pioneiras nunha disciplina na que, aínda na actualidade, predomina a presenza masculina, así como as súas respectivas maneiras de abordar os temas que aparecen nas súas imaxes e interpretar o mundo que as rodea.

Tres mulleres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath e Cristina García Rodero é unha produción do Centro Niemeyer de Avilés en colaboración coa axencia Magnum e Contacto Grupo Europa Press, co apoio do Instituto Asturiano da Muller, Fundación EDP, Ariexca e Universidade de Oviedo, Deputación de Valencia e Concello da Coruña.

+ info: Nota_de_prensa.pdf

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión