Celso Sanmartín, José Luis Gutiérrez e Quico Cadaval nun espectáculo teatral a cargo de Producións Teatrais Excéntricas
Para público en xeral
18/10/2025
Xa rematou
19.30 h. Pídese puntualidade.
70 minutos
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
A nova edición do festival "A fonética dos corpos", que conforma o programa Agra no Ágora, tráenos ao barrio da Agra este espectáculo de Producións Teatrais Excéntricas que, segundo algúns dos máis esixentes críticos, é un dos espectáculos máis fermosos dos que podemos gozar na escena galega. Tres dos mellores narradores da escena internacional xuntos falando das súas musas, as súas vellas. Cada función é diferente, única; algunhas vellas repiten, outras non, aparecen e desaparecen da memoria colectiva na maior e máis antiga expresión teatral: a narración oral. O espectáculo da palabra viva, ou mellor, resucitada nas falas de Celso Sanmartín, José Luis Gutiérrez e Quico Cadaval xirou por toda Galiza con esporádicas saídas a Portugal, Castela e León e Cataluña. A materia dos relatos que se presentaban no que parecía unha verdadeira sesión de espiritismo era a vida cotiá, os traballos e os días, os labores, os namoros, e as tristuras, as dores e os divertimentos. A prodixiosa biblioteca do mundo analfabeto na súa infinita riqueza.
Dende 2023 TRES VELLAS NA ROMARÍA procura nas memorias das devanceiras os días gloriosos de romarías e festas, os bailes, os milagres, as devocións, os exorcismos, as empanadas e os melindres, o viño novo e a caña brava... AS TRES VELLAS saen cos seus máis fermosos panos rameados para ir bailar as muiñeiras, xotas e bailes charros nos terreiros das festas. O repertorio componse de todo o que rodea o mundo estival das romarías: milagres, romances, ofrendas devotas, relatos humorísticos, un mundo no que se mestura a superstición e o festeiro escepticismo. Unha viaxe equidistante aos tempos de "Deus é bo, mais o Demo non é mao". Un repertorio no que se xuntan os xeonllos esfolados das procesións cos pés encalecidos dos bailes. Parece un mundo esquecido, mais AS TRES VELLAS regresan para contalo coa mesma frescura que se fose onte.
Ficha artística e técnica
· Celso Fernández Sanmartín é narrador oral e recoñecido poeta. O seu libro A cama do meu avó é un dos seus últimos sucesos, convertido na función "Escenas do cambio".
· Guti é narrador, guía nativo e influenciador. Publicou o libro Cuaderno de últimas voces e mantén unha entrada diaria en Facebook titulada "Besos matinales".
· Quico Cadaval conta contos e dirixe teatro. Dirixiu "O porco de pé" e participa no último proxecto do CDG "Shakespeare en Roma".
Este festival, como todas as actividades do programa Agra no Ágora son de acceso libre, de balde e non se precisa reserva previa. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Entidades

18/11/2025
Dende o 14/11/2025 ata o 18/11/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídas), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

18/11/2025
Dende o 14/11/2025 ata o 18/11/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

22/11/2025

22/11/2025

25/11/2025
Dende o 21/11/2025 ata o 25/11/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 2 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

27/11/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible