Será o xoves 22 de maio, ás 17.30 horas, no Aquarium Finisterrae
Para público en xeral
22/05/2025
Xa rematou
De 17.30 a 18.30 horas
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
50
Prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que corresponda a cada persoa
O Aquarium Finisterrae organiza unha visita guiada temática polas súas instalacións para o 22 de maio, Día Internacional da Diversidade Biolóxica. Nesta actividade, persoal educador do centro realizará unha introdución á orixe da biodiversidade, as fluctuacións que tivo ao longo da historia da vida (extincións), a biodiversidade mariña no mundo actual, as principais ameazas (especies invasoras, sobreexplotación, alteración do territorio), para finalizar coa visita aos tanques de gran volume da sala Maremagnum, onde se presentarán as especies máis representativas do litoral atlántico.
A actividade comezará ás 17.30 h do xoves 22 de maio e, para participar, hai que acudir ao Aquarium Finisterrae, pagar a entrada ao museo que corresponda a cada persoa e sumarse ao evento. A visita guiada está limitada a 50 prazas e terá unha hora de duración.
26/06/2025
Dende o 04/02/2025 ás 16:00 ata o 26/06/2025 ás 18:00 , os martes e xoves
Dende o 21/01/2025
Dende o 04/02/2025 ás 18:00 ata o 26/06/2025 ás 20:00 , os martes e xoves
Dende o 21/01/2025
27/06/2025
Entradas á venda dende o 24 de marzo de 2025 ás 12.00 h
29/06/2025
01/07/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible