Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Xornadas de danza e artes vivas en Galicia: a cultura (plural) é un dereito

Estas Xornadas poñen o foco na situación da danza e as artes vivas en Galicia, máis concretamente, na posta en valor da pluralidade de expresións artísticas e procesuais que vén caracterizando á súa comunidade, co obxectivo de axudar a situar tal pluralidade nos espazos escénicos e culturais galegos, onde aínda non atopa unha presenza regular nin unha capacidade de intervención estable.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

Dende o 11/03/2021 ata o 12/03/2021

Xa rematou

Horario:

10:00h 

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

de balde, con incrición previa.

Requisitos:

Este desfase fai que non se acade, tampouco, o recoñecemento social das súas achegas, perdendo a oportunidade dun diálogo social que hoxe semella moi pertinente, como é aquel que se produce no encontro dos corpos en movemento.

A irrupción da crise do Covid19 ten funcionado como lente de aumento dos problemas estruturais que atravesan e provocan este desfase, poñendo máis presión nunha comunidade xa precarizada. Moitas persoas e entidades implicadas na vida cultural e social están á procura de respostas e solucións, pero agroma unha pregunta de fondo: como podemos facer para que estas non sexan únicamente estratexias para a supervivencia de mínimos? Vivimos, pois, nun momento excepcional no que cómpre atender a reordenación do contexto: antes de deixar que a crise afonde nas problemáticas sabidas, podemos aproveitar a oportunidade para desfacémonos delas? Quen mellor que as persoas que traballan cos corpos e o movemento para abordar esta tarefa. Sabemos que non imos voltar ao mesmo lugar que deixamos. Sabemos, tamén, que queremos construír un lugar mellor. As Xornadas queren servir como espazo de oportunidade nestas coordenadas.

Un programa comisariado por Caterina Varela e Sabela Mendoza, coordinadoras do proxecto 'Cara a unha escena plural'.

PROGRAMA

XOVES 11 DE MARZO

  • 10:00 a 10:30h. Benvida e presentación.

BLOQUE 1. Un teatro para a danza, a danza en todos os teatros.

  • 10:30 a 12:00h. Un teatro para a danza, a danza en todos os teatros.Mesa de debate con:

· Rut Balbís, creadora e directora da compañía Pisando Ovos.

· Manu Lago, xestor de danza, Galicia Danza Contemporánea.

· Javier Martín, coreógrafo e investigador.

· Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro.

· María Paredes, responsable de programación do AGADIC.

  • 12:00 a 12:15h. Cara a unha escena plural.Presentación e coloquio arredor do proxecto. Coa participación das súas coordinadoras e dos responsables dos teatros colaboradores:

· Diego García, Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros.

· Miguel Alfaya, Teatro Municipal de Tui.

· Santiago Nieto, Auditorio Municipal de Outes.

· Jonathan Miranda, Auditorio Municipal de Cariño.

· Olga Mojón, Teatro Principal de Ourense.

· Pilar Otero, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo.

  • 13:10 a 14:00h. Residencias artísticas en Galicia.Presentación e coloquio con:

· Félix Fernández, membro fundador do Colectivo RPM e Residencias Paraíso.

· Javier Martín, coreógrafo e impulsor de residencias e grupos de investigación.

BLOQUE 2. A danza nos medios: entre a divulgación, a crítica especializada e o debate social.

  • 16:00 a 17:30h. A danza nos medios: entre a divulgación, a crítica especializada e o debate social.Mesa de debate con:

· María Yáñez, responsable de VINTE, praza.gal

· Afonso Becerra, director da erregueté, Revista Galega de Teatro.

· Rubén Ramos, co-fundador da plataforma Teatron.

· Luisa Castiñeira, xornalista, consultora de comunicación e xestora de proxectos especializada en cultura e artes escénicas.

  • 17:30 a 18:00h. Pausa.

BLOQUE 3. Renovar as relacións: territorio, mobilidade e sustentabilidade.

  • 18:00 a 20:00h. Renovaer as relacións: territorio, mobilidade e sustentabilidade.

· Nuria Sotelo, creadora, directora da cía. Licenciada Sotelo, e responsable do espazo de residencias artísticas 'A Casa Vella' en Allariz.

· Víctor López Carbajales, xestor cultural, responsable de produción de SOLODOS plataforma cultural e organizador do Festival Manhattan.

· Fran Quiroga. Investigador transdisciplinar nos cruces entre o activismo, o arte, a participación social e os comúns.

· Diego Vázquez Meizoso, xerente de Escena Galega e coordinador do programa 'Camiño Escena Norte'.

· Sara Machado, responsable de Europa Creativa Portugal.

VENRES 12 DE MARZO

BLOQUE 4. Innovación xurídica, partipación e cooperación.

  • 10:00 a 10:45h. Procesos participativos para as políticas públicas: ferramentas e casos.Presentación con Ania González Castiñeira, avogada, crítica de arte e investigadora cultural.
  • 10:45 a 12:00h. Innovación xurídica e participación para as artes vivas.Mesa de debate con:

· Ania González, avogada, crítica de arte e investigadora cultural.

· Natalia Balseiro, xestora cultural e mediadora independente, membro da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega.

  • 12:00 a 12:15h. Pausa.
  • 12:10 a 13:00h. Europa Creativa e a cooperación.Presentación con Sara Machado, oficina Europa Creativa Portugal.
  • 13:00 a 14:00h. Participación e colaboración nos procesos de creación en danza.Mesa de debate con:

· Julia Laport, bailarina e co-directora da cía Elahood.

· Sabela Domínguez, bailarina e co-directora da cía Elahood.

· Fran Martínez, bailarín e membro da cía Pálido Domingo.

· Xián Martínez Miguel, coreógrafo e bailarín.

BLOQUE 5. Códigos deontolóxicos: ética e estética.

  • 16:00 a 16:30h. Presentación de dinámica para imaxinar un código deontolóxico na danza.
  • 16:30 a 17:15h. Sobre a ética e as boas prácticas no traballo performativo.Coloquio aberto.
  • 17:15 a 17:30h. Pausa.
  • 17:30 a 18:30h. Sobre os valores na xestión de proxectos públicos de artes vivas.Con Javier Cuevas, artista e xestor cultural, responsable de Tenerife Lav e presidente de FECED.
  • 18:30 a 19:45h. Códigos deontolóxicos. Falando de ética e estética.Mesa de debate e dinámica aberta coa participación de asistentes e de:

· Javier Cuevas, creador e xestor cultural, responsable de Tenerife Lav e presidente de FECED.

· Cris Vilariño, creadora e xestora cultural, responsable de LED Lugo en Danza.

· Paula Quintas, creadora e co-directora de Trapediante e do festival Corpo (a) Terra.

  • 19:45 a 20:00h. Peche das Xornadas.

Tamén che pode interesar...

  • "Os contos do chupete", de Migallas

    Cando:

    23/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Merendas con contos: O galo engancha

    Cando:

    23/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 16/04/2024 ata o 23/04/2024

    Require inscrición

  • CantoConto!: Voute papar!

    Cando:

    23/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 16/04/2024 ata o 23/04/2024

    Require inscrición
  • “ÑAM!”, de Caramuxo Teatro

    Cando:

    28/04/2024

  • 19.ª edición: Durme no Fórum

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

    Inscricións:

    Calendario e proceso de inscrición:

    Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

    * Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

    ** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

    Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

    Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

    Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

    Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

    Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 30/04/2024 ata o 07/05/2024

    Require inscrición

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión