O Concello ofrece máis de 6.300 prazas para os campamentos deste verán co fin de que as familias concilien e as pequenas e os pequenos se divirtan e aprendan xogando. Xa comprobamos que son unhas campioas e uns campións, demostráronnolo todos os días! Por iso, queremos que volvan pisar a herba e desfruten nestas vacacións dunha oferta municipal do máis estimulante, con temáticas variadas para que teñan onde elixir.
Arrincamos o 28 de xuño e prolongarémolos até ben comezado setembro. As nosas nenas e nenos de entre 3 e 17 anos poderán mellorar o seu inglés, practicar os seus deportes favoritos ou experimentar coa ciencia e o coñecemento, sempre seguindo as pautas necesarias por mor da pandemia.
É tempo de verán e toca desfrutar!
Campamentos dispoñibles
Persoas destinatarias: menores nadas/os entre o 01/01/2009 e o 31/12/2017
Datas: do 1 de xullo ao 10 de setembro en 5 quendas de 15 días
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Prezo: entre 26 e 32 euros
Prazas: 1.350
Sorteo:
Centro |
Sorteo |
CMM A Silva |
18 |
CMM Artesáns |
6 |
CMM Castrillón |
13 |
CMM Cidade Vella |
41 |
CMM Eirís |
54 |
CMM Elviña |
52 |
CMM Feáns |
7 |
CMM Labañou |
33 |
CMM Mesoiro |
85 |
CMM Monelos |
2 |
CMM Monte Alto |
98 |
CMM Novoboandanza |
7 |
CMM Os Mallos |
151 |
CMM Palavea |
1 |
CMM Pescadores |
8 |
CMM Rosales |
12 |
CMM Sagrada Familia |
28 |
CMM San Diego |
33 |
CMM Santa Lucía |
8 |
CMM S. Pedro Visma |
3 |
CMM Santa Margarida |
119 |
NEE | 22 |
Proceso de inscrición
Máis información
Persoas destinatarias: menores nadas/os entre o 01/01/2009 e o 31/12/2017
Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto en 4 quendas de 15 días
Horario: de luns a venres en horario de mañá e tarde
Prezo: 85 euros
Prazas: 416
Sorteo:
Proceso de inscrición
Máis información
Persoas destinatarias: menores nadas/os entre o 01/01/2005 e o 31/12/2013
Datas: 4 quendas de 7 días durante xullo e agosto
Prezo: 85 euros
Prazas: 180
Sorteo:
Proceso de inscrición
Máis información
Persoas destinatarias: menores de 12 a 17 anos
Datas: do 5 ao 30 de xullo en 2 quendas de 10 días
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Prezo: gratuíto
Prazas: 100
Sorteo:
Máis información
Destinatarias/os: escolares de 2.º ciclo de EI ou EP que estivesen matriculadas/os nalgún CEIP da Coruña no actual curso 2021/22
Datas: do 27 de xuño ao 29 de xullo en 5 quendas de 5 días
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Prezo: entre 20 - 25 euros
Prazas: 1.575 prazas
Máis información
Destinatarios: alumnado matriculado en 6º EP ou nalgún curso da ESO en centros públicos da cidade
Datas: do 05 ao 30 de xullo en 4 quendas de 5 días
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Prezo: 15 euros
Prazas: 240
Máis información
Persoas destinatarias: menores nados/as entre o 01/01/2009 ao 31/12/2017
Datas: do 28 de xuño ao 3 de setembro en 5 quendas de 15 días
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Prezo: entre 35 e 45 euros
Prazas: 900
Sorteo:
As prazas adxudicáronse a partir do número de sorteo (en Fórum o núm. 49 e en Ágora o núm. 239), utilizando como primeiro criterio o PADRÓN e como segundo criterio a CONCILIACIÓN.
Persoas admitidas e listas de espera:
En Fórum, as 81 prazas de cada quenda finalizaron en:
Quenda 1 - N.º 384 Padrón SI Conciliación SI
Quenda 2 - N.º 484 Padrón SI Conciliación SI
Quenda 3 - N.º 36 Padrón SI Conciliación SI
Quenda 4 - N.º 279 Padrón SI Conciliación NON
Quenda 5 - N.º 101 Padrón SI Conciliación NON
En Ágora, as 81 prazas de cada quenda finalizaron en:
Quenda 1 - N.º 235 Padrón SI Conciliación SI
Quenda 2 - N.º 272 Padrón SI Conciliación NON
Quenda 3 - N.º 28 Padrón SI Conciliación NON
Quenda 4 - N.º 236 Padrón SI Conciliación NON
Quenda 5 - N.º 448 Padrón SI Conciliación NON
As listas de espera organízanse priorizando aquelas persoas ás que non lles tocou ningunha quenda sobre as que xa tiveron unha adxudicada. A partir de aí, seguen prevalecendo os criterios anteriormente enumerados (Padrón e Conciliación a partir do núm. de sorteo agraciado). Contactaremos telefonicamente con tantas persoas como sexa necesario para cubrir as prazas que non se cubran tras os pagos derivados do resultado inicial do sorteo.
Máis información
Destinatarios/as: menores de 6 a 13 anos
Datas: do 28 de xuño ao 3 de setembro en 5 quendas de 15 días
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Prezo: 25 euros
Prazas: 720
Formalización da matrícula ou renuncia
Publícase a listaxe das persoas que obtiveron praza e das que están na listaxe de agarda
Poderase obter información no teléfono 010 e no teléfono mobil: 610 974 898
Entre o 11 e o 15 de xuño (o prazo remata as 15.00 horas) poderán formalizar a matrícula cubrindo e asinando debidamente o formulario que se adxunta
O formulario enviarase á empresa prestadora do servizo, AXIÑA xunto coa seguinte documentación ao correo inscripciones@axinasd.com
O pago realizarase directamente á empresa prestadora do servizo, AXIÑA, mediante transferencia bancaria ao número de conta ES89 0081 0390 1300 0146 0949 DEL BANCO SABADELL.
O pago débese realizar polo menos con unha semana de antelación antes de comezar cada quenda.
Nota: este prazo tamén é para presentar a renuncia se fose o caso. A renuncia farase polos mesmos medios que a solicitude
CHAMADA DA LISTAXE DE AGARDA
Poderase chamar da listaxe de agarda do 16 ao 21 de xuño no caso de que non se realice a formalización da matrícula en prazo.
Mais informacion
Persoas destinatarias: menores de 12 a 17 anos
Datas: do 28 de xuño ao 30 de xullo en 5 quendas de 5 días
Horario: de luns a venres en horario de mañá
Prezo: 29,09 euros
Prazas: 90
Sorteo:
Sorteo dos campamentos mc2
Quenda |
Número inscritos |
Número sorteo |
1 |
58 |
54 |
2 |
66 |
62 |
3 |
85 |
73 |
4 |
69 |
62 |
5 |
47 |
44 |
Sorteo Campamentos mc2+
Quenda |
Número inscritos |
Número sorteo |
1 |
17 |
15 |
2 |
29 |
25 |
3 |
25 |
25 |
4 |
19 |
13 |
5 |
14 |
14 |
Máis información
Inicio
O Concello da Coruña seguirá en todo momentos as directrices marcadas polo Ministerio de Sanidade e Benestar Social, e outras autoridades competentes en materia sanitaria, en relación coa realización de actividades de ocio educativo xuvenil nas diferentes fases de desescalada e volta á normalidade, en función da evolución xeral e territorial da COVID-19.
Para este fin implementará, en todas as actividades de ocio xuvenil, estratexias e protocolos de actuación, así como condicións de participación nas actividades.
A realización dos campamentos do Concello da Coruña queda supeditada á evolución da crise sanitaria provocada pola Covid-19. No caso de emitiren as autoridades sanitarias competentes información contraria á súa realización, estes quedarían supendidos.
Protocolo de adecuación das actividades e instalacións para empregar en actividades de ocio educativo xuvenil con motivo da COVID-19
Co obxectivo de preservar a saúde e seguridade das persoas usuarias e traballadores/as no ámbito da educación non formal, establecerase un protocolo de actuación con medidas xerais e especificas a situacións concretas. Este protocolo poñerase en coñecemento das familias.
Protocolo de prevención e actuación en caso de risco de contaxio ou de contaxio positivo en COVID-19
O campamento contemplará e avaliará o risco para cada tipo de situación que se poida dar, a través dun protocolo de prevención e actuación ante COVID-19, coas consideracións que cumpra ter en conta en caso de risco de contaxio ou de contaxio positivo. Este protocolo poñerase en coñecemento das familias.
Documento de aceptación de condición de participación, obriga de información e consentimento informado
As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal, a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible