Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Campamento Verano 2023 detalle

Cuándo:

12 de mayo de 2023

Os Campacoles incrementan a súas prazas ata as 1.800 e suman un colexio máis

O Concello da Coruña oferta máis de 7.300 prazas nos Campamentos Municipais de Verán deste ano

Ofértanse un centenar de prazas máis que o ano pasado. O prazo de preinscrición comezará o vindeiro luns 22 de maio

O Concello da Coruña ofrecerá este verán un total de 7.361 prazas nos campamentos infantís que organizan as diversas áreas municipais. Son un cento de prazas máis que o ano pasado para que os menores e a mocidade da Coruña poidan gozar de todo tipo de actividades de lecer, deportivas e aprendizaxe do inglés, facilitando a conciliación das familias durante as vacacións escolares.

Destaca o incremento de prazas nos Campacoles, organizados pola Concellaría de Educación en colaboración coas ANPA da cidade. Ofertarase este ano esta modalidade en oito centros escolares, un máis que o ano pasado. A área municipal de Educación oferta, ademais, os campamentos de inglés Summer Talk.

Tamén se incrementan as prazas da Escola de Verán da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), uns campamentos gratuítos organizados pola Concellaría de Comercio, Mercado, Consumo e Barrios, onde os nenos e nenas poden aprender, de forma divertida, pautas de consumo responsable.

O maior número de prazas está nos campamentos organizados pola Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá nas súas tres modalidades: campamentos urbanos nos centros cívicos municipais, os campamentos de día que acolle o colexio Calasanz e os campamentos tradicionais de pernoctación, que este ano terán como sede o albergue rural Vilariño de Conso, en Ourense.

Esta ampla oferta complétase cos campamentos deportivos, que se realizan nas instalacións deportivas de Riazor, a Cidade Deportiva da Torre 'Arsenio Iglesias' e os pavillóns polideportivos do Barrio das Flores e Novo Mesoiro. Tamén cos campamentos promovidos pola área municipal de Mocidade, para rapazas e rapaces de 12 a 17 anos.

Prazos relativos ao calendario de inscrición

O calendario de inscrición é o seguinte:

  • Preinscrición: 22, 23 e 24 de maio.
  • Publicación listaxes de menores preinscritos: 29 de maio.
  • Subsanaciones: 30 e 31 de maio.
  • Sorteo das prazas: 1 de xuño.
  • Publicación de listaxes de admitidos: 6 de xuño, na web do Concello.
  • Aboamento das cotas: 7, 8 e 9 de xuño.
  • Chamadas á listaxe de agarda: a partir do 13 de maio.

Deste o luns 22 de maio, a preinscrición poderá levarse a cabo de forma telemática a través da ficha específica dos Campamentos Municipais de Verán 2023, que está visible na web do Concello.

Listaxe de campamentos 

CAMPAMENTOS URBANOS NOS CENTROS CÍVICOS: 2.250 prazas

Destinatarios: nenas e nenos nados do 1/01/2011 ao 31/12/2019

Datas: do 3 de xullo ao 8 de setembro en 5 quendas de 15 días.

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: entre 26 y 32 euros

CAMPAMENTOS DE DÍA: 416 prazas

Destinatarios: nenas e nenos nados do 1/01/2011 ao 31/12/2019

Datas: do 3 de xullo ao 31 de agosto en 4 quendas de 15 días

Horario: de luns a venres de 10:00 a 18:00 horas

Prezo: 85 euros

CAMPAMENTOS TRADICIONAIS DE PERNOITA: 180 prazas

Destinatarios: rapaces e rapazas nados do 1/01/2007 ao 31/12/2015

Datas: do 16 de xullo ao 12 de agosto en 4 quendas de 7 días

Prezo: 85 euros

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS: 960 prazas

Destinatarios: nenas e nenos nados do 1/01/2010 ao 31/12/2017

Datas: do 1 de xullo ao 31 de agosto

Horario: de luns a venres en horario de mañá.

Prezo: 25 euros

CAMPACOLES: 1.800 prazas

Destinatarios: Escolares matriculadas/os nos CEIPS do Concello da Coruña no actual curso 22/23

Datas: do 26 de xuño ao 28 de xullo en 5 quendas de 5 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá.

Prezo: 20-28 euros

SUMMER TALK: 225 prazas

Destinatarios: escolares matriculados nos cursos 1º a 6º de Ed Primaria e 1º

a 3º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no curso 22/23.

Datas: Do 26 de xuño ao 28 de xullo en 5 quendas de 5 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá.

Prezo: 20 euros

CAMPAMENTOS NO FÓRUM E O ÁGORA: 1.350 prazas

Destinatarios: nenas e nenos nados do 1/01/2011 ao 31/12/2019

Datas: do 26 de xuño ao 1 de setembro en 5 quendas de 9/10 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá.

Prezo: entre 35 e 42,50 euros

CAMPAMENTOS DE MOCIDADE: 100 prazas

Destinatarios: Mozas e mozos de 12 a 17 anos (nados entre 2006 e 2011)

Datas: xullo 2023 en 2 quendas de 9/10 días.

Horario: De luns a venres en horario de mañá.

Prezo: Gratuito

ESCOLA DE VERÁN DA OMIC: 80 prazas

Destinatarios: Nenas e nenos nados do 1/01/2013 ao 31/12/2019

Fechas: do 3 ao 31 de xullo

Horario: de luns a venres en horario de mañá.

Prezo: Gratuito

As e os menores participantes deberán cumprir os requisitos específicos dos campamentos nos que se inscriban, e para a obtención de praza terán preferencia as e os menores empadroados no Concello da Coruña e aqueles cuxos ambos os proxenitores estean traballando ou teletraballando no caso de familias monoparentais. A oferta inclúe prazas para menores con diversidade funcional.

Listas de preinscritos, admitidos y otra documentación

Inicio / 

TipoNombreFechaTamaño
 Campacoles (Federación Provincial de ANPAS e Concellería de Educación)  
 Campamentos de día  
 Campamentos de mocidade  
 Campamentos deportivos  
 Campamentos Fórum e Ágora  
 Campamentos Summer Talk  
 Campamentos tradicionais de pernoctación  
 Campamentos urbanos en centros cívicos  
 Escola de Verán da OMIC  

Más novedades sobre los Campamentos de Verano 2022

Sin resultados.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión