Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Campamentos de verán 2020

Nesta páxina

Imaxe da campaña

O Concello da Coruña, ante a demanda da cidadanía, reforza con 7.475 prazas en distintos espazos da cidade a súa oferta de campamentos para que as familias concilien mellor. Música, deporte, ciencia...

As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición de forma telemática do 27 ao 29 de maio. Formaranse grupos dun máximo de 15 participantes e terán preferencia as e os nenos empadroados no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, tamén as familias monoparentais.

Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez.

Condicións de participación

Preinscrición: 27, 28 e 29 de maio

Listas de preinscritas/os: 30 de maio ás 10.00 h, nas webs municipais e 010

Posibles reclamacións das listas de preinscritas/os: 30 e 31 de maio e 1 de xuño

Sorteo: 3 de xuño. Consultar en cada centro o seu horario.

Listas de persoas admitidas e de espera: 9 de xuño ás 10.00 h, nas webs municipais e 010

Inscrición e aboamento da cota: 10, 11 e 12 de xuño

Xestión das listas de espera: do 13 ao 19 de xuño

Inicio dos campamentos: a partir do 22 de xuño ou 1 de xullo, en función de modalidades e espazos, segundo a oferta específica de cada servizo.

A preinscrición será telemática e facilitarase axuda telefónica a través do 010. Formación de grupos de máximo 15 participantes, sempre en cumprimento das medidas que as organizacións responsables das actividades de lecer educativo xuvenil deberán implementar con carácter xeral, ademais de aplicar as prescritas polo Ministerio de Sanidade.

Terán preferencia as/os empadroadas/os no Concello da Coruña e aquelas/es cuxos proxenitores estean ambos traballando ou teletraballando e no caso de familias monoparentais.

Prevención da COVID-19

Control e prevención da transmisión da COVID-19:

  • Valorarase pormenorizadamente a posibilidade de participación. Non se permitirá a participación de persoas que pertenzan a grupos de risco, ou que convivan con grupos de risco: diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, mulleres embarazadas, maiores de 60 anos.
  • Estableceranse medidas para a protección específica de todos os grupos vulnerables e de risco social en función das súas necesidades específicas.
  • En todos os casos garantirase o cumprimento de protocolos de seguridade (medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias); así como a intensificación das tarefas de limpeza e desinfección dos espazos e materiais.
  • Os/as educadores/as e as direccións dos campamentos velarán pola seguridade da actividade mediante o control diario da declaración de saúde de cada participante á entrada nas instalacións, o adecuado cumprimento de todos os protocolos e normas de seguridade establecidos; e, se fose necesario, o control da temperatura dos/as participantes.
  • Os/as pais/nais ou titores dos/as participantes deberán responsabilizarse da súa situación particular fronte á COVID-19, de tal forma que se algún presenta sintomatoloxía asociada coa COVID-19 non acudirá e contactará co/a educador/a responsable da súa actividade.

Benestar social para nenas e nenos

Destinatarias/os: nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016. Prazas para nenas/os con necesidades educativas especiais e/ou discapacidade.

Sedes: Rede de Centros Cívicos Municipais

Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 16.00 a 20.00 h e de 9.00 a 14.30 con ampliación horaria.

Duración: 4 quendas de 15 días e 1 quenda de 9 días. Inicio o 1 de xullo e remate o 9 de setembro.

Custo: 26 € horario normal e 32 € horario ampliado.

Prazas: 2.625

Benestar social para a mocidade

Destinatarias/os: mozas e mozos de entre 12 e 17 anos.

Sedes: Polideportivo de Labañou (combinado con saídas a espazos para actividades ao aire libre). Habilitarase transporte gratuíto con 6 paradas na cidade.

Horarios: de 9.00 a 14.00 h

Duración: 2 quendas de dúas semanas. Inicio o 6 de xullo e remate o 31 de xullo.

Custo: gratuítos

Prazas: 100

Consorcio da música

Destinatarias/os: nenas e nenos nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/ 2014 e mocidade de entre 12 e 17 anos. Non son necesarios coñecementos musicais.

Sede: Centro Ágora. Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 8.30 a 14.30 con ampliación horaria.

Duración: 2 quendas de 2 semanas de duración. Quenda 1 do 22 de xuño ao 3 de xullo e Quenda 2 do 17 ao 28 de agosto.

Custo: 35 € horario normal e entre 38 e 45 € dependendo da modalidade en horario ampliado.

Prazas: 60

Educación-Federación de APAS

Destinatarios: nenos e nenas nadas entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016.

Os destinatarios serán EXCLUSIVAMENTE todos aqueles nenos e nenas que cumpran estas 2 condicións:

  1. Que estean matriculados en Ed. Infantil ou Ed. Primaria dos CEIPs públicos do Concello da Coruña.

  2. Que os seus proxenitores ou titores legais acrediten a necesidade dun servizo de conciliación laboral e familiar no horario escollido para participar no devandito programa.

Sedes: CEIP Alborada, CEIP Curros Enríquez, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Manuel Murguía, CEIP Rosalía de Castro, CEIP San Pedro de Visma, CEIP Sanjurjo de Carricarte e CEIP Wenceslao Fernández Florez.

Horarios: de 10 a 14 h ou de 16 a 20 h e de 8.30 a 15.30 con ampliación horaria e servizos de madrugadores e comedor.Duración: 6 semanas (de luns a venres, excepto festivos), divididas en 6 quendas dunha semana de duración. Inicio o 22 de xuño e finalizan o 31 de xullo.

Custo: 20 € horario normal e con servizos complementarios:

MADRUGADORES (sen almorzo): De 8:30 h. a 10:00

Custo por participante e quenda: 10 € (sen almorzo) ou 15€ (con almorzo)

COMEDOR: Desde as 14:00 ata as 15:30h. (podendo saír desde as 15:00 h.)

Prazas: 2430 prazas

IMCE

Destinatarios: nenos e nenas nados/as entre o 01/01/2008 e o 31/12/2016. Prazas para nenas/os con necesidades educativas especiais e/ou discapacidade. E por primeira vez mocidade de entre 12 e 17 anos.

Sedes: Fórum Metropolitano e Centro Ágora

Horarios: de 10.00 a 14.00 h ou de 16.00 a 20.00 h e de 8.30 a 14.30 con ampliación horaria

Duración: 5 quendas de 2 semanas de duración. Inicio o 22 de xuño e remate o 28 de agosto

Custo: 35 € horario normal e entre 38 e 45 € dependendo da modalidade en horario ampliado

Prazas: 1.350

Museos científicos

Destinatarias/os: mozas e mozos de entre 12 e 17 anos

Sedes: Domus e Aquarium Finisterrae

Modalidades:

  • A: luns, mércores e venres en Domus; martes e xoves en Aquarium Finisterrae
  • B: luns, mércores e venres en Aquarium Finisterrae; martes e xoves en Domus

As/os participantes deben acudir cada día ao centro que corresponda segundo a modalidade que lles fose asignada.

Horarios: de 10.00 a 14.30 h

Duración: 1 semana, en 5 quendas. Inicio o 22 de xuño e remate o 26 de xullo

Custo: 29,09 €

Prazas: 150

OMIC

Destinatarias/os: nenas e nenos de 4 a 10 anos.

Sede: Centro Municipal de Emprego

Horarios: de 9.00 a 14.00 h. Duración: mes de xullo, repartidos en dúas quincenas do 1 ao 15 de xullo e do 17 ao 31 de xullo.

Custo: gratuíto

Prazas: 60

Deportes

Campamentos deportivos municipais de verán ano 2020 (consultar bases e documentación na páxina web de Deportes Coruña  )

Destinatarias/os: nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2020.

Sedes:

  • Campamento de Riazor: na Cidade Deportiva de Riazor, combinado co Campo de fútbol San Pedro de Visma e pista anexa de area.
  • Campamento de Novo Mesoiro: no polideportivo de Novo Mesoiro, combinado co Campo de fútbol Johan Cruyff.
  • Campamento do Barrio das Flores: no polideportivo do Barrio das Flores, combinado co Campo de fútbol Víctor Fernández Alonso.

Horario:

  • de 9:00  a 14:00 h
  • Horario ampliado (só Campamento de Riazor): Madrugadores (de 08:00 a 09:00 h).
  • Comedor (de 14:00 a 15:00 h).

Duración: dende o 29 de xuño ata 6 de setembro de 2020, un campamento por quincena (5 en total), cunha duración efectiva de 10 días hábiles cada un.

Custo: gratuito, a excepción dos servizos de madrugadores e comedor para o Campamento de Riazor.

  • Madrugadores: 10 euros/quincena
  • Comedor: 20 euros/quincena

Prazas: 700 prazas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión