Concello da Coruña

Concello da Coruña

Incidencia de mobilidade

Corte do paso inferior na avda. de Arteixo á altura da R. Nelle desde o 27 de setembro

Cando:

Dende o 27/09/2021 ata o 17/12/2021

Por obras de mantemento e conservación do paso inferior da avda. de Arteixo á altura da Rolda de Nelle, córtase o tráfico rodado

Desde o próximo día 27 de setembro ás 10:00 horas, córtase o paso inferior da avda. de Arteixo coa Rolda de Nelle, por obras de mantemento e conservación.

En sentido de entrada á cidade, permitirase o xiro á esquerda cara á rúa Pontedeume e igualmente o cambio de sentido na intersección. Mantense aberto ao tráfico o ramal de conexión da avda. de Arteixo coa Rolda de Nelle.

As alternativas para o sentido de entrada á cidade son Rolda de Outeiro e Rolda de Nelle, no sentido de saída de Juan Flórez e a avda. de Fisterra.

A previsión é que o corte se prolongue ata o 17 de decembro de 2021.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión