Vivenda
4 resultados
Vivenda
O 11 de mar de 2021
O concello aplicara, como entidade pública de vivenda, a moratoria da débeda arrendaticia regulada no artigo 4 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, modificado pola disposición final oitava do Real decreto–lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego, que modifica os artigos 2 e 4.1 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19, con obxecto de estender a protección ás persoas arrendatarias de vivenda en situación de vulnerabilidade, mediante a posibilidade de solicitar o adiamento temporal e extraordinario no pago da renda dos contratos de arrendamento de vivenda habitual suxeitos á Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos e estendendo o dereito a aquelas persoas inquilinas de vivendas municipais que conten con contratos de alugueiro anteriores ao 1 de xaneiro de 1995.
Vivenda
O 1 de mar de 2021
Para axustar os volumes ao planeamento actual, o Concello tivo que executar este documento que non contemplou a executiva anterior e que foi o causante do atraso nos prazos
Vivenda
O 17 de feb de 2021
O día 15 de decembro de 2020 publicouse no Boletín Oficial da Provincia a nova convocatoria de axudas municipais aprobada o pasado 2 de febreiro pola Xunta de Goberno Local, por un importe total de 2.650.000 €, para a subvención de obras de mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade tanto nos elementos comúns de edificios de vivendas, como nas vivendas individualizadas.
Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación
O 31 de xan de 2021
O Concello subvenciona as actuacións de propietarias/os que procuran unha redución do gasto de enerxía e mais das e dos que pretenden dispoñer dun percorrido apto para todas as persoas desde a vía pública até as casas de cada solicitante
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible