Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de octubre de 2020

A alcaldesa convocará os grupos para reivindicaren á Xunta e ao Estado os proxectos pendentes na cidade

A Corporación nomea o arquitecto Fernández-Albalat Fillo Predilecto da cidade a título póstumo. Inés Rey: “A Coruña salda hoxe parte da súa débeda co arquitecto que foi o gran construtor da súa imaxe urbana e o principal soñador da súa imaxe metropolitana”

A alcaldesa, Inés Rey, ten previsto convocar a todos os grupos políticos a unha xuntanza para elaborarmos unha postura común sobre os asuntos e proxectos pendentes na cidade, co fin de que que se poidan reivindicar os proxectos con máis forza ante o Estado e a Xunta. "Trátase de crear un acordo marco; e aí verase se están dispostos a poñer os intereses xerais da cidade por riba de intereses partidistas", explicou o voceiro municipal, José Manuel Lage, quen lembro que "o Goberno é esixente e  respectuoso con todas as administracións na defensa dos intereses da Coruña".

Doutra banda, a Corporación aprobou por unanimidade nomear o arquitecto Fernández Albalat Fillo Predilecto da cidade a título póstumo. A alcaldesa, Inés Rey, manifestou que "o noso territorio, A Coruña, salda hoxe parte da súa débeda co arquitecto que foi o gran construtor da súa imaxe urbana e o principal soñador da súa imaxe metropolitana". 

"A Cidade das Rías foi un soño que non pasou do papel, pero que nos toca ás xeracións actuais canalizar cara un proxecto metropolitano en que o planeamento territorial ten que ter un papel fundamental", dixo a alcaldesa.

Ademais,  o Pleno deulle luz verde, coa abstención de Marea Atlántica e BNG, á aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal de xestión de residuos e limpeza viaria. Esta modificación recolle que o concello efectuará traballos de  limpeza de graffitis no mobiliario urbano, muros, paredes de edificios, fachadas, estatuas, monumentos, en  xeral calquera elemento integrante da cidade, segundo a  súa organización, para  manter  as debidas  condicións de limpeza do municipio. A concelleira recoñeceu que o estado da cidade vai más alá das pintadas e graffitis" e, por iso, o concello está a reforzar o servizo de limpeza e recollida de residuos que "imos poñer nas rúas".

MOCIÓNS

O Goberno Local, tal e como sinalou o edil de Memoria Histórica, Jesús Celemín,  poñerá en marcha todas as accións administrativas e xudiciais necesarias para recuperar a titularidade da Casa Cornide. O concelleiro asegurou que tamén se  atenderá a solicitude de Defensa do Común e da asociación de Veciños da Cidade Vella "María Pita" para participar no grupo de traballo sobre a Casa Cornide. A moción do BNG para a recuperación do edificio, que incorporou a emenda do PSOE, foi aprobada coa abstención do PP.

Ademais, o Goberno local, consciente de que a hostalaría é un dos sectores que máis está a sufrir as consecuencias da pandemia, anunciou onte que permitirá temporalmente o cambio de licenza dos pubs para que poidan operar como cafeterías e paliaren así os efectos da crise. O voceiro, José Manuel Lage, lembrou que desde o inicio da pandemia a alcaldesa puxo en marcha actuacións para minimizar os danos neste sector. "O Goberno local foi máis alá das súas competencias", dixo ao tempo que acusou á Xunta de falta de implicación. "Non souberon estar á altura, nin sequera se asomaron", denunciou o concelleiro que lles aconsellou que "tomasen nota do que se fai aquí, que habilitamos unha liña directa de axudas a través do PRESCO".

No ámbito social, a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, anunciou que o servizo de canguraxe se vai ampliar con catro novos espazos atendendo ás necesidades derivadas da pandemia. Ademais, asegurou que non se denegou ningunha solicitude de teletraballo na súa área. A moción da Marea Atlántica que recollía a necesidade de implantar novas medidas de conciliación foi aprobada por unanimidade. Neira tamén confirmou que xa se negociou coas empresas de catering para que non pase a cobranza ás familias que solicitaron as bolsas comedor. Neira, que recoñeceu o atraso na convocatoria das axudas dos bonotaxi, subliñou as dificultades que existen na modernización do sistema de xestión, "que non é escusa de cara á cidadanía, pero si para que a oposición sexa máis rigorosa nas súas denuncias".

Na sesión de hoxe, o voceiro socialista, que cualificou a proposta do PP sobre ocupación como un intento "de abanicar ao PP de Madrid", reiterou o compromiso do Goberno na defensa do dereito á propiedade privada e a loita contra a ocupación ilegal, que "non é de ningún modo incompatible coa protección á  veciñanza que se atopa en situación de emerxencia social e con políticas de vivendas efectivas". A moción do PP foi rexeitada.

E, por último, Lage comunicou que finais de outubro se convocará comisión de Facenda para facer unha avaliación da marcha do PRESCO, e abriu a porta á posibilidade de poñer en marcha un novo plan de axudas. O Goberno local, dixo, dálles prioridade ás políticas progresistas, "polo que BNG e Marea son os nosos principais interlocutores sen poñer cordóns sanitarios a ninguén".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión