Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de octubre de 2021

A exposición de ‘Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade’, estará no Kiosko Alfonso ata o 18 de decembro

A alcaldesa destaca a contribución de Emilia Pardo Bazán á Coruña vangardista

Inés Rey:“Pardo Bazán foi unha figura clave da literatura española e da cidade da Coruña, que debe ser recoñecida e coñecida de xeración en xeración”

A Coruña acolle desde hoxe a exposición 'Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade', dentro dos actos organizados na cidade polo 100 aniversario do pasamento da célebre escritora. Esta tarde tivo lugar no Kiosco Alfonso a inauguración oficial desta mostra organizada pola Biblioteca Nacional de España e que contou coa colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia.

A alcaldesa Inés Rey enxalzou a figura de Pardo Bazán: "Estamos hoxe aquí para honrar a unha das mulleres de referencia da cidade da Coruña. Unha cidade que non se entendería sen a achega de grandes mulleres como Doña Emilia, María Pita, Teresa Herrera, Concepción Arenal, María Barbeito ou Rosalía de Castro. Mulleres con maiúscula, adiantadas ao seu tempo que contribuíron a construír A Coruña aberta e vangardista da que desfrutamos hoxe".

Na inauguración na que participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a directora da Biblioteca Nacional, Ana Santos Aramburo e a comisaria da exposición, Isabel Burdiel a alcadesa subliñou que "a posibilidade de contar con esta magnífica exposición na nosa cidade permítenos achegar a todos os coruñeses e coruñesas, galegos, galegas e visitantes a incrible capacidade creativa desta intelectual, mais tamén coñecer de preto á muller única e adiantada ao seu tempo que foi Pardo Bazán".

A mostra comisariada por Isabel Burdiel afonda na vida literaria e privada la escritora coruñesa a través de diferentes etapas. O espazo expositivo divídese no Kiosco Alfonso en catro capítulos e un epílogo, comezando cos seus primeiros anos e a construción da súa figura, seguindo coa súa consagración, pasando por cuestións cume da súa carreira como o feminismo, o amor ou Meirás e rematando cos seus últimos anos e a súa pegada na literatura posterior.

En total, hai unhas duascentas pezas procedentes tanto da BNE como de outras institucións como a Real Academia Galega. Inclúense libros impresos, manuscritos, gravados, fotografías e outros documentos relacionados coa escritora coruñesa. A mostra instálase no Kiosco Alfonso tras o seu paso pola Biblioteca Nacional de España e permanecerá na cidade ata o 18 de decembro, con entrada gratuíta e libre ata completar aforo.

"Desde o Concello da Coruña quixemos visibilizar ao longo de todo este ano as múltiples facetas desta incrible escritora honrando a súa memoria con medio centenar de actos. Unha figura clave da literatura española e da cidade da Coruña, que debe ser recoñecida e coñecida de xeración en xeración", sinalou Inés Rey durante o acto de inauguración, que forma parte do programa EPB100. A alcaldesa calificou esta mostra como "un dos acontecementos culturais do ano na Coruña".

A exposición aborda o carácter multifacético de Emilia Pardo Bazán, que tivo unha dimensión europea e transnacional. "Dona Emilia foi unha sensacional novelista, a mellor do século XIX. Mais tamén foi unha gran xornalista, ensaísta, crítica literaria, poetisa, dramaturga, tradutora e, sobre todo, precursora do feminismo e dos dereitos das mulleres", afirmou Inés Rey.

A mostra explicará o importante papel de Pardo Bazán na renovación da literatura española do século XIX, así como as súas achegas a outros xéneros e oficios. Tamén afondará na súa idea de feminismo e como introduciu este termo no debate cultural e político da época. En definitiva, a exposición buscará achegar aos coruñeses á Pardo Bazán escritora, pero tamén a súa faceta máis privada.

Esta mostra e o resto de actos organizados polo Concello no centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán amosan o compromiso do goberno local coa cultura e coa figura dunha das súas veciñas más singulares. Inés Rey lembrou no acto de inauguración que nuns días colocarase de novo nos xardíns de Méndez Núñez a estatua orixinal de Pardo Bazán como culminación dos numerosos actos organizados este 2021.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión