Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de febreiro de 2020

A alcaldesa destaca a necesidade de traballar todos xuntos na construción dunha Coruña “máis viva, amable e accesible”

Inés Rey inaugurou esta tarde en Palexco, as II Xornadas Galegas Teresa Cotelo Souto para Administradores de Predios Colexiados ás que tamén asistiu a concelleira de Innovación e Industria, Eva Acón

A alcaldesa, Inés Rey, inaugurou esta tarde en Palexco as II Xornadas Galegas Teresa Cotelo Souto para Administradores de Predios Colexiados nas que destacou a necesidade de traballar todos xuntos na construción dunha Coruña "máis viva, amable e accesible para todos". Queremos, apuntou, unha cidade con máis espazos comúns, cun transporte público áxil que sirva para conectar os nosos barrios.

A alcaldesa felicitou as persoas representantes do Colexio polo seu labor e por organizar unhas xornadas que serven para compartirmos experiencias e coñecermos a actualidade de distintos temas. Neste senso, incidiu na necesidade de que todos os axentes que traballan no ámbito da vivenda "axunten esforzos para avanzar en cuestións que benefician a toda a cidadanía".

Desde o Goberno local, lembrou, "promovemos a rehabilitación de edificios, impulsaremos os alugueres de vivendas sociais e poñeremos ao dispor dos veciños pisos do patrimonio municipal que adxudicaremos mediante convocatoria pública". "Entre todos debemos contribuír a revitalizar os casos históricos e loitar contra os bloques de vivendas baleiros", dixo. Para iso, sinalou, nada mellor que contar coa vosa axuda "xa que coñecedes mellor que ninguén a situación de oferta e a demanda".

Inés Rey quixo facer fincapé no feito de que as xornadas leven o nome dunha muller porque "nos tempos en que Teresa Cotelo se formou como axente, as mulleres non só tiñan que seren brillantes senón que tamén tiñan que batallaren contra moitos prexuízos e demostraren o dobre nun traballo cun compoñente social moi forte"

As xornadas, organizadas polo Colexio Oficial de Administradores de Predios de Galicia, finalizan mañá coa celebración de dúas ponencias.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión