Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de febreiro de 2022

A alcaldesa visita Showa Denko para coñecer de primeira man os seus proxectos de desenvolvemento

A rexedora mantivo unha reunión de traballo coa dirección da empresa

A alcaldesa, Inés Rey visitou esta mañá as instalacións de Showa Denko para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve esta planta de producción de electrodos de grafito. 

A rexedora mantivo unha reunión de traballo coa dirección da empresa na que coñeceu os proxectos actuais e de expansión da compañía. Rey visitou as instalacións nas que traballan un centenar de traballadores e saudou a unha representación do comité da empresa. 

A alcaldesa amosou o seu compromiso e a vontade de colaboración do seu goberno coas empresas que, como Showa Denko, xeran postos de traballo estables e de calidade na cidade e están comprometidas coa seguridade e o desenvolvemento sostible.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión