Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de agosto de 2020

A Banda de Música Municipal grava un novo concerto a porta pechada no Pazo da Ópera

Ante a imposibilidade de ter público, a formación compartirá o seu directo a través das súas canles de comunicación oficiais co fin de que a veciñanza siga desfrutando das agrupacións musicais da cidade

A Banda de Música Municipal deu esta tarde, ás 18.30 horas, un concerto sen público no Pazo da Ópera, que foi gravado para posteriormente ser compartido nas súas canles de comunicación oficiais. Con David Fiuza como director invitado, a formación ofreceu un programa titulado "Paisaxes sonoras exóticas", que incluirá as obras "American Suite", de Antonin Dvora; "An American in Paris", de George Gershwin; "Serge", de LANCEN; e "Paris Montmatre", de Toshio Mashima. O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, asistiu a esta actuación e explicou que "ante a imposibilidade de que as espectadoras e espectadores poidan desfrutar do seu directo, o Concello quere construír unha cuarta parede virtual para que a veciñanza teña a opción de velo, aínda que sexa a través do ordenador ou do móbil".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión